RIBADEO (FNC) -. No pleno do Concello aprobouse por unanimidade a licitación das obras de mellora da travesía urbana de Ribadeo, un tramo de máis de catro quilómetros que discorre entre as rotondas da Vilavella e Dompiñor. A inversión ascende a 1.025.000 euros e o prazo de execución será de nove meses. O alcalde, Fernando Suárez, lembrou que “a titularidade deste tramo foi transferida hai un tempo ao Concello e acompañada dun diñeiro que temos que destinar a mellorar parte deses tramos que foron cedidos”. O rexedor sinala que “por parte dos técnicos municipais fíxose un proxecto complexo e ambicioso, aínda que seguramente e a pesares de que é unha cantidade das máis importantes investidas en Ribadeo dunha soa vez, quedaron aspectos deses tramos que necesitaríamos de máis diñeiro para facelo todo correctamente”.
Fernando Suárez explica que “se actuará dunha forma intensa e moi importante na zona da Vilavella, no que é a travesía toda de Ribadeo é dicir na Avenida de Asturias, José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Galicia, Avenida de América e tamén na zona de Vilar. Desde logo será unha actuación que levará á humanización deses viais, cambiarase o pavimento das beirarrúas por un novo, mudarase o sistema de alumeado público, poñeranse árbores, cambiaranse tamén as tuberías de uralita que non están adaptadas á normativa de hoxe en día. Haberá polo tanto moita inversión da que non se ve, pero que é moi importante porque implicará que todas as conducións queden modernizadas”.
O alcalde pensa que “o Concello nunca licitou unha obra de tanto montante económico coma esta que ten que estar executada en dúas anualidades. Neste 2009 debemos investir 307.000 euros e no 2010 a diferencia, uns 713.000. Seguramente concorran unha serie de empresas importantes, as cualificacións e os requisitos específicos vanse endurecer para poder traer á mellor firma que poida facer isto coas menores molestias posibles, aínda que sabemos que cunha obra desta magnitude habemos amolar, molestar… pero o resultado final estaría aí e vai ser unha marabilla entrar na nosa vila por unha travesía humanizada e perfectamente operativa tanto para os veciños que viven ao pé desta rúa como para aqueles que visiten Ribadeo”. Fernando Suárez agarda que as primeiras obras dean comezo nos últimos meses deste 2009.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



