SANTIAGO .- Esta pasada fin de semana ADEGA tivo coñecemento pormenorizado dunha sentenza do TSXG (de data 22 de xaneiro de 2009 !! e recurrida pola anterior Xunta), de transcendental importancia para o futuro da nosa costa. En primeiro termo, a sentenza invalida o Plano Acuícola do bipartito por defecto de forma: trabucou o procedemento. Tiña que ter seguido o do artigo 162 da Lei 30/1992 previsto para os actos nulos de pleno dereito, e non o procedemento de revisión e modificación previsto na Lei 10/1995, de Ordenación do Territorio de Galicia, regulado no artigo 14 do Decreto 80/2000, dos planos e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.
Mais, cais eran eses “actos nulos de pleno dereito” dos que fala o TSXG? Lendo os fundamentos da sentenza, pois nin máis nin menos que o Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria do Sr. López-Veiga aprobado no último Consello da Xunta da era Fraga, sendo vicepresidente e conselleiro de Política Territorial o Sr. Feijóo. E a razón da nulidade non é precisamente un “fallo no procedemento”: é por carecer de Declaración de Impacto Ambiental, por incumprimento da Lei 9/2001 de Conservación da Natureza e da Directiva 92/43 CE de Hábitats. Xusto o que ADEGA denunciou no seu momento, e fundamento ademáis das sentenzas favorables a ADEGA no contencioso con ACUINOR (Ramón Álvarez-Cascos) pola piscifatoría de Rinlo (Ribadeo).
Deste xeito temos un Plano Acuícola invalidado (o do bipartito) por defecto de procedemento. Polo tanto, fica en vigor a norma anterior, isto é o Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria de Fraga-Feijóo-López Veiga… que é ilegal e nulo de pleno dereito segundo o TSXG !!! Cómpre lembrar que o plano do PP de 2005 situaba en espazos protexidos o 28% das macrofábricas de peixe, e o do bipatito arredor dun 3%. Iso sí, ambos non tiñan en conta os impactos na pesca de baixura, o marisqueo, o turismo, a paisaxe, a sociedade… de inmensas plantas en primeira liña de costa que deitarían millóns de m3 de augas sen depurar nas millores augas do país. E todo por case nada e a menos de 1€ por metro cadrado, ao máis puro estilo do Zimbabwe de Mugabe.
A promotora da denuncia do acordo do bipartito fronte ao TSXG é Insuíña, pertencente ao grupo PESCANOVA. PESCANOVA pretendía recuperar o plano do PP que lle permitía construir a megaplanta de Touriñán, en Rede Natura, entre outras que tamén ocupaban espazos protexidos (un terzo do total) no plano de López-Veiga. Mais a sentenza do TSXG dalle tamén nos fuciños a PESCANOVA: declara nulo o acordo de revisión do bipartito pero saca a relucir as irregularidades e ilegalidades do PP cando aprobou un plano sectorial que permitía a PESCANOVA ocupar Touriñán. E ademáis, non recoñece dereito algún a PESCANOVA a ser indemnizada !! Curiosamente a Sra. Rosa Quintana, Conselleira do Mar, logo do seu vergoñento bicamáns a Fernández de Sousa na inauguración da macroplanta de rodaballo de Mira (Portugal), manifestouse disposta indemnizar a PESCANOVA (con cartos públicos, obviamente) por ver anulado o seu proxecto de desfacer Touriñán. E nas súas recentes manifestacións valorando esta sentenza, incorre en graves falsidades: cómo pode dicirse que o plano de López-Veiga (2005) era escrupulosamente legal e non precisaba de declaración de impacto cando o TSXG (apelando á Directiva 92/42 CE transposta polo Real Decreto 1997/1995 e a Lei /2001 de espazos protexidos –repárese nas datas-) dille ben claro o contrario?
A maiores: a Xunta de Feijóo ven de autorizar a apliación dunha piscifatoría (a de Mougás, de PESCANOVA ), declarada ilegal por outra sentenza do TSXG. Mais se nos paramos a pensar, esta instalación de que Plano Sectorial emana? Do inválido do bipartito ou do nulo e ilegal do PP? Non somos xuristas, mais se a Xunta do Sr. Feijóo aprobou hai uns días, a sabendas de que esta sentenza do TSXG (de xaneiro de 2009) invalidaba o vixente Plano Acuícola e consideraba nulo e ilegal o anterior, unha instalación que consecuentemente é ilegal, tal acto non podería tipificarse como prevaricación?
Para ADEGA, a sentenza do TSXG pon de manifesto tanto a improvisación acuícola de Touriño-Gallego como as irregularidades e ilegalidades cometidas polo PP antes e agora a respeito das piscifatorías. Curiosamente, os únicos que sacaban tallada destes planos acuícolas, inválido este e ilegal aquel, eras as empresas agasalladas con millóns de metros cadrados de costa virxe e inxentes cantidades de cartos públicos en subvencións directas. Onde fica o respecto polas leis e os procedementos? Onde fica a defensa dos intereses públicos, dos nosos recursos naturais e dos espazos protexidos?
Urxe unha nova planificación da actividade acuícola en Galiza. Da actividade acuícola en sentido amplo: a pesca, o marisqueo, os parques de cultivo a flote (98% da produción e 95% do emprego no sector) e tamén por suposto, a acuicultura industrial en terra (2% da produción e 5% do emprego). Con criterios de sustentabilidade, respecto polo ambiente, polos recursos da costa e o medio de vida das súas xentes (e por suposto, coas leis, incluidas as ambientais).
ADEGA insta ao novo governo a aproveitar a oportunidade que brinda esta sentenza para enmendar erros pasados. Coa apertura dunha mesa sectorial con representación do tecido produtivo que ten a súa base nos recursos mariños, da representación sindical, colectivos sociais, concellos, patronal acuícola, e na que os ecoloxistas tamén queriamos dicir algo (aínda que só fora porque os tribunais estannos dando sistemáticamente a razón).
Finalmente, non queremos deixar de facer unha advertencia: Sr. Feijóo, Sra. Quintana, aparquen a demagoxia e asuman as súas responsabilidades. Esta sentenza tamén vai con vostedes, polo que déixense de medias verdades e mentiras. Non teñen carta branca e non imos ficar quedos fronte a unha nova involución acuícola. Agardamos que non estén pensando en retirar o recurso da anterior Xunta contra a teima de PESCANOVA de ocupar Touriñán, e “legalizar” o seu resucitado Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria ao estilo do governo Sócrates coa planta de Mira: declaracións de impacto “á medida” e acordos fraudulentos para “puentear” as leis no canto de cumprilas. Lembren o que os seus concelleiros/as berraban nas manifestacións por toda a costa contra as macrofábricas do peixe de plástico: pola nosa Terra, polo noso Mar: NON AO PLANO ACUÍCOLA! ADEGA e as plataformas en defensa do litoral seguimos estando aí: e vostedes?




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



