LUGO .- o goberno da Deputación acordou “instar a Xunta a manter o mapa sanitario actual no que atinxe ás áreas de Monforte e A Mariña con todas as competencias e servizos que teñen na actualidade”. A proposta foi rexeitada polo PP e saíu aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG.
Nota de Prensa
O GOBERNO DA DEPUTACIÓN INSTA Á XUNTA A MANTER O MAPA SANITARIO ACTUAL NO QUE ATINXE ÁS ÁREAS DE MONFORTE E A MARIÑA
Esta proposta, defendida polos nacionalistas, non recibiu o apoio dos populares
Este novo modelo de ordenación sanitaria foi proposto pola Conselleira de Sanidade que anunciou a creación dunha área sanitaria única para a provincia de Lugo, coa supresión da área norte de saúde, que abarca A Mariña, así como a área sanitaria do sur, á que corresponde o hospital de Monforte
A Deputación de Lugo instará ao goberno da Xunta de Galicia a manter o mapa sanitario actual no que atinxe ás áreas sanitarias de Monforte e A Mariña con todas as competencias e servizos que teñen na actualidade. Así se aprobou, no pleno celebrado hoxe, esta proposta do goberno provincial, que foi defendida polo nacionalista Antonio Veiga, non contou co apoio do grupo do Partido Popular. Esta postura do populares lucenses refrenda claramente o proxecto da Consellería de Sanidade da Xunta de eliminar a actual estrutura sanitaria que comprende tres áreas sanitarias nas comarcas de A Mariña, Monforte e Lugo.
Tras o intento dos populares de facer unha enmenda á proposta do goberno, o nacionalista Antonio Veiga, como portavoz do goberno, propúxolle ao voceiro popular, Xosé Manuel Barreiro, a inclusión de un punto de acordo no que se manifestase de xeito unánime o “expreso rexeitamento ao modelo que pretende impoñer a consellería de sanidade”. O PP decidiu non incluir este punto e rexeitou apoiar a proposta que saiu aprobada cos votos a favor dos grupos de goberno. Dende o BNG consideran que “esta postura do PP incide no desmantelamento dun servizo público como é a sanidade un exemplo máis das políticas do novo goberno do Sr. Feijoo”.
COPIA DO ACORDO DE GOBERNO APROBADO:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A principio do mes de Xullo, a Conselleira de Sanidade anunciou en Burela a creación dunha área sanitaria única para a provincia de Lugo, o que suporá a supresión da área norte de saúde, que abarca A Mariña, así como a área sanitaria do sur, á que corresponde o hospital de Monforte, e así mesmo suporá a centralización da xestión hospitalaria en Lugo. As declaracións da conselleira Pilar Farjas provocaron unha grande preocupación nas mencionadas comarcas. Hai que ter en conta que o Hospital da Costa ten asignadas 72.025 persoas, distribuídas en 14 Concellos, e que o Hospital Comarcal de Monforte que conta con 49.204 usuarios distribuidos en 11 concellos, estes usuarios pasarían a ter como primeiro hospital de referencia o Hospital de Lugo, a uns 100 Km do Burela e uns noventa minutos de desprazamento en coche, dándose unha situación semellante para os usuarios da comarca de Lemos. A maior afondamento a Xerente do Sergas, Rocío Mosquera, non dubidou en equiparar a área sanitaria como “unha integración de hospitais”.
Malia que a Consellaría non concretou o alcance desta proposta máis alá de consideracións xenéricas como “aumentar a eficiencia e a eficacia” ou “o reforzo de novas estratexias organizativas”, é precisamente por esa falla de concreción dados os antecedentes históricos que existen nestas áreas sanitarias, que a poboación comeza a estar alarmada posto que suporía unha merma importante dos servizos sanitarios ofertados así como da calidade dos existentes.
A xuízo deste grupo de goberno as consecuencias para a sanidade pública atinxirían tanto aos usuarios como aos profesionais sanitarios e a groso modo resúmese nos seguintes aspectos:
a) Unha xerencia ubicada na cidade de Lugo, quer pola distancia física, quer pola distancia da Mariña e de Monforte coa capital da provincia, implicaría unha dificultade para o acceso á mesma e descoñecemento de moitos problemas e eivas cotiás que xurdisen nos centros das actuais áreas de Monforte e da Costa.
b) Unha xerencia ubicada en Lugo podería pór en cuestión investimentos previstos tanto nos centros de saúde como nos propios Hospitais de Monforte e da Costa. Neste sentido nestas comarcas observase con preocupación que este novo modelo pode poñer en risco importantes investimentos previstos nestes hospitais, a implantación de novos servizos e especialidades, así como a supresión de dotacións nos centros de saúde.
c) Unha xerencia única coa súa ubicación en Lugo e diante da escaseza de certos profesionais de algunhas especialidades médicas, implicaría desprazamentos constantes da poboación actual destas áreas sanitarias á cidade. Tendo en conta a distancia xa sinalada, a situación das comunicacións, o tempo de viaxe e ausencia dun transporte público axeitado, eses desprazamentos implicarían unha grande perda da calidade de vida para a poboación afectada alén de teren que asumir os gastos de desprazamento e, no seu caso, de hospedaxe os propios usuarios o que supón unha discriminación con respecto a poboación doutras zonas.
d) A supresión destas áreas sanitarias implicaría para os/as profesionais da saúde ter que optar a traballar en toda a provincia. Para o persoal eventual, ter que inscribirse nas listas de contratacións provinciais e ter que aceptar contratos a máis de cen Km do seu domicilio, baixo a ameaza de penalización. Para o persoal fixo que accedera ao seu posto despois da publicación do Estatuto Marco e en base á mobilidade funcional, tendo enriba a espada de Damocles dun traslado forzoso a calquera lugar da provincia en calquera momento.
Por todos estes motivos, a supresión das áreas sanitarias da Costa e Monforte significaría ao ver do Grupo de Goberno da Deputación Provincial unha merma na calidade asistencial que se lle presta á poboación desas dúas comarcas e non debe consumarse porque sería avanzar no desmantelamento de servizos nas nosas comarcas, particularmente nunha cuestión central como é a atención sanitaria pública.
Por todo o anteriormente exposto o Grupo de Goberno da Deputación de Lugo adopta o seguinte
ACORDO
1. Instar á Xunta de Galicia a que manteña o mapa sanitario actual no que atinxe ás áreas sanitarias de Monforte e A Mariña con todas as competencias e servizos que teñen na actualidade.



















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



