BURELA (FNC) .- O concelleiro de Turismo, José González Legazpi, sinala que o grupo municipal do PP pretende enganar os comerciantes de Burela e subliña que desde o seu departamento “véñense realizando as políticas axeitadas para o desenvolvemento do comercio local, algo que nunca fixo o PP durante os doce anos de goberno, e nada novo parece ten que aportar na actualidade, xa que logo non ten reparo en volver aos mesmos pronunciamentos xa utilizados no pasado, e carentes do esencial rigor político”.
Centro Comercial Aberto
A creación dun Centro Comercial Aberto, di o edil nacionalista “configúrase estritamente dende unha normativa propia que entre outras consideracións determina que o Concello debe superar os 10.000 habitantes, e dispor dunha concentración de comercio ampla, asentándose ademais esta figura ou formato comercial inescusablemente a través dunha asociación de comerciantes. Polo tanto correspóndelle só ao sector comercial de Burela e cando este o estime oportuno, proceder á creación dunha asociación de comerciantes e sucesivamente determinar as accións que os mesmos consideren”. José González Legazpi considera que “baixo ningún concepto debe crearse intromisión organizativa de tipo algún nos sectores económicos locais dende a institución municipal como pretende facer ver o Partido Popular nun novo alarde de clara irresponsabilidade para enganar unha vez máis aos comerciantes de Burela”.
O responsable de Turismo segue a relatar que “coñecedores dende o Concello de Burela e en especial dende a Delegación de Industria, Comercio e Turismo da importancia de que favorecendo as condicións de dinamización e transformación se avanza na valorización dos nosos sectores económicos e mesmo se crean as condicións apropiadas para unha visualización máis positiva no eido organizativo, véñense desenvolvendo importantes accións de repercusión directa no comercio como os programas de Volta ao Cole, Campaña de Nadal, Concurso Fotográfico, Compra no Comercio Local, Concurso de Escaparatismo, e moitas outras vinculadas á potencialidade do Concello e por tanto repercutibles tamén no comercio, referidas principalmente ao turismo, cultura e gastronomía, que concentran un número importante de xornadas e actos de interese que afianzan o comercio local. Tamén se dan importantes avances cara a transformación e mellora das áreas máis asentadas comercialmente que deben favorecer a consolidación dun centro urbano de importancia, que posibilite solidez e transcendencia comercial e de servizos, estas son as políticas que se deben seguir na busca dunha definitiva vertebración dos distintos sectores para fortalecer a nosa económica, xa que logo por parte do grupo municipal do PP non se fixo na súa época de goberno, absolutamente nada no sector comercial, salvo demagoxia para mofarse da intelixencia dos veciños”.
Contacto permanente co sector
González Legazpi engade que “sempre mantemos un contacto permanente co sector, inicialmente para reafirmar os tan reiterados pasos que se tiñan dado segundo o portavoz do PP, para a creación dun Centro Comercial Aberto, e que consistía nunhas pequenas notas en dous folios e unha fotocopia duns estatutos que non estaban adaptados á nova lexislación. Era imposible por tanto por normativa, e tamén por dispoñibilidade, xa que logo, e a pesares de celebrarse distintas reunións, declinouse aquela disposición de participación por distintos motivos, sen dubida todos moi respetables como non podía ser doutra maneira. Sucesivamente séguense a manter conversacións e contactos co sector como resulta evidente para levar a cabo tódolos actos e programas, así como para coñecer das súas inquedanzas e demais. Mesmo recentemente estanse a manter contactos de cara ao interese no desenvolvemento da feira de stocks que será realidade indubidablemente segundo os criterios e o interese que mostre o sector, e que actualmente nos está a facer chegar a súa información no senso de que de levarse a cabo, sexa a primeiros do vindeiro ano”.
O concelleiro de Turismo cre que “o comercio de Burela, atópase hoxe máis cerca do Concello que nunca porque ten a seguridade, cando menos, de que se está a traballar contando coa súa opinión, ten a garantía de que será apoiado en todo canto promova de cara á súa organización asociativa, e mesmo de calquera outra acción de interese para o sector que decidan realizar, e tamén porque coñece a posibilidade de se atopar no transcurso de cada ano con proxectos de distinta natureza desenvolvidos dende a Delegación de Industria, Comercio e Turismo, que representan a posibilidade certa de repercusión económica dentro do Concello, e por tanto axudan á estabilidade do sector comercial de Burela e ao seu fortalecemento”.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



