CERVO .- A publicación Gallaecia do machado departamento de Historia Universidade de Santiago de Compostela informa do achado dun machado votivo con escena de sacrificio e cabeza de carneiro no Castro sa Atalaia en San Cibrao. Bronces votivos aparecen en boa parte de Europa pero son moi escasos en Galiza. Só se coñecen dous: un deles é o machado votivo con cabeza de touro de Cariño, que se atopa no museo arqueolóxico de A Coruña.
Nota de Prensa
Excepcional achado no Castro da Atalaia
No último número da revista GALLAECIA, publicación do Departamento de Historia Universidade de Santiago de Compostela, dáse conta do achado dunha importante peza atopada no transcurso das escavacións arqueolóxicas levadas a cabo o ano pasado no Castro da Atalaia de San Cibrao
Esta excepcional peza arqueolóxica é un machado votivo con escena de sacrificio e cabeza de carneiro.
Bronces votivos aparecen en boa parte de Europa pero son moi escasos en Galiza. Só se coñecen dous: un deles é o machado votivo con cabeza de touro de Cariño, que se atopa no museo arqueolóxico de A Coruña.
O machado votivo do Castro da Atalaia é o único de Galiza aparecido no transcurso dunha escavación arqueolóxica co que aportará datos de gran interese para o estudo destes bronces votivos.
Esta peza vén a confirmar e a aumentar a importancia e a excepcionalidade do Castro da Atalaia que, como todos sabemos, está ameazado por Residencial Faro de San Ciprian de Promociones San Ciprian que pretende destruír este xacemento para construír pisos para veraneantes.
É un dereito de todos coñecer o que se leva atopado na Atalaia, tanto en estruturas coma en materiais, e saber a importancia que teñen.
Por este motivo, pedirémoslle á Dirección Xeral de Patrimonio que faga públicos os informes arqueolóxicos do Castro da Atalaia.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



