BURELA (FNC) .- A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, acusa ao PP de desvergonza política e de burlarse de todos os veciños e veciñas de Burela coa súa política educativa e coas súas críticas ás axudas de 40 euros que percibirá cada neno para a compra de material escolar e deportivo.
A edil nacionalista lembra que “o Concello de Burela, a través das Delegacións de Benestar e Comercio, puxo en marcha no mes de setembro, un ano máis e por terceira vez consecutiva, unhas axudas de 40 euros destinadas ás familias para asumir os gastos derivados do comezo do curso e apoiar tamén ao noso comercio local para que estas compras se fagan aquí en Burela. E isto unha vez máis non lle parece ben ao PP de Burela que non quere axudar ás nosas familias nin ao noso comercio. E cando sacamos á luz as súa hipocresía social denunciando a supresión da gratuidade dos libros de texto que fixo o PP, cando non saben cómo defenderse dunha medida súa que deixou a moitas familias sen axudas, agora é cando atacan aos que sí apoiamos ás familias e ao comercio local, algo que o PP de Burela nunca fixo nin quere que se faga”.
Neves Cando sinala que “neste momento de crise que vivimos é a hora de apoiar ás familias e ao comercio e facémolo con esta pequena axuda de 40 euros a cada neno e nena que merque o seu material escolar e deportivo, roupa ou calzado, para comezar o curso aquí en Burela. O ano pasado foron máis de 1.000 as axudas concedidas e no ano 2007 arredor de 950, o que supuxo en total máis de 70.000 euros de axudas ás nosas familias e de apoio ao comercio local, que viu como esta cantidade e moitos cartos máis se quedaban aquí en Burela e non se ían para fora. E isto ao PP de Burela non lle gusta, está en contra porque di que non é xusto”. A responsable de Benestar Social considera que “dicir iso é burlarse dos veciños e veciñas de Burela, é burlarse esixir un mínimo de renda para acollerse a estas axudas dos 40 euros, cando o PP de Galicia non pon eses límites de renda para as axudas á compra de automóviles ou para a supresión do imposto de trasmisións patrimoniais. Pero para que nos deamos 40 euros ás familias o PP sí que quere poñer límites, pero para comprar un coche ou para as trasmisións patrimoniais que despois sempre benefician ás grandes fortunas… para eso non pon límites”.
Neves Cando engade que “o PP enganou ás familias retirando a gratuidade dos libros de texto e agora quere enganalos cos 40 euros das axudas. E como non está por axudar ás familias agora trata de desviar a atención con cuestións formais de trámites administrativos cando o importante son as axudas, ainda que sexa unha pequena cantidade, para os gastos que as familias teñen que afrontar no comezo do curso. Desvergonza política e burla de todos os veciños e veciñas de Burela, ése e o comportamento do PP que pon en dúbida unhas axudas ás nosas familias cando o seu partido acaba de deixar sen esa gratuidade dos libros de texto a máis do 70% da poboación. Agora que as familias e o comercio necesitan todo o noso apoio o PP de Burela quere sementar dúbidas sobre as nosas actuacións, pero o tempo poñerá a cada un no seu sitio e os veciños e veciñas de Burela saberán quen os apoia e quen está en contra deles”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



