CERVO .- A asociación Mulleres en Igualdad de Cervo reclama medidas para a loita conta a violencia de xénero e, asegura, “quere reiterar o seu firme compromiso na loita contra unha das peores lacras que sofre a nosa sociedade e que desgraciadamente costa a vida anualmente a decenas de mulleres”
Nota de Prensa
O número de mulleres asasinadas por violencia de xénero no que levamos de ano é de 56
MULLERES EN IGUALDADE RECLAMA A CREACIÓN DUN XULGADO EXCLUSIVO PARA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN LUGO E LAMENTA QUE O PSOE NON ESTEA POLA LABOR DE FORZAR AO GOBERNO CENTRAL A FACELO
• O colectivo denuncia que faltan medios e recursos para loitar contra esta lacra e o funcionamento dos medios de prevención e auxilio é manifestamente mellorable, recaendo en moitos casos no peso das Comunidades Autónomas e dos Concellos
• Si valoran positivamente o anuncio efectuado polo Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia quen adiantou que destinará boa parte dos novos efectivos policiais que o Goberno central debe asignar á Policía Autonómica a loitar contra a violencia de xénero e a temas relacionados coa protección do menor
A Mariña lucense, 24 de novembro de 2009.- Ante a celebración do 25 de novembro do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a asociación Mulleres en Igualdade de Cervo quere reiterar o seu firme compromiso na loita contra unha das peores lacras que sofre a nosa sociedade e que desgraciadamente costa a vida anualmente a decenas de mulleres.
Os poderes Públicos, as institucións, as asociacións e os cidadáns, debemos involucrarnos, de xeito conxunto na loita contra o maltrato que sofren moitas mulleres, non podemos consentir que a violencia de xénero cada vez vaia a máis: O número de mulleres asesinadas no que levamos de ano é de 56.
FALTAN MEDIOS E RECURSOS
A pesar de que se teñen tomado medidas para combater esta lacra tanto a nivel Estatal como Autonómico, como a aprobación de novas leis e regulamentos, o resultado é desolador; faltan medios e recursos e o funcionamento e manifestamente mellorable, recaendo en moitos casos o peso nas Comunidades Autónomas e nos Concellos
ANOS DESPOIS DE APROBAR A NOVA LEI AS MULLERES NON SE SENTEN MELLOR ATENDIDAS
Informes como o do propio Defensor del Pueblo, o do Amnistía Internacional reflicten a frustración das expectativas xeradas pola Lei, as súas debilidades e cómo, tras anos dende a súa entrada en vigor, as mulleres non están máis protexidas nin se senten mellor atendidas polas administracións Públicas.
Actualmente hai déficits de policías, de xulgados exclusivos de violencia de xénero e os xulgados compartidos se encontran desbordados polo número de casos de violencia de xénero. Así mesmo, os informes para determinar o nivel de risco o que está sometida a vítima de violencia de xénero están resultando pouco efectivos para determinar o grao de risco e as medidas a adoptar.
LUGO E GALICIA ESQUECIDOS POLO GOBERNO CENTRAL
Galicia rematará un novo exercicio coa lamentable marca de ser a comunidade peor parada por vontade do Goberno de Zapatero, tanto na asignación de órganos xudiciais, como de medios humanos e materiais para aplicar a lei integral contra a violencia de xénero.
Tan só as provincias da Coruña e de Vigo dispoñen de Xulgados exclusivos para a loita contra a violencia de xénero. Lugo volve a quedarse fora das previsións do Goberno central que ademais dos 36 novos órganos xudiciais reclamados pola Xunta tan só concedeu 9, ningún deles destinado a loita contra a violencia machista.
Desde o colectivo cervense lamentan que ás concelleiras e cargos públicos do PSOE lucense non estean pola labor de esixir a creación destes xulgados e de forzar ao Goberno de Zapatero a cumprir con Lugo. “Están máis preocupados en facer actos públicos, importantes e necesarios pero que non deixan de ser propaganda, en reclamar alí onde deben facelo unha mellor atención e loita contra a violencia sexista”
POLICÍA AUTONÓMICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E POLA PROTECCIÓN DO MENOR
Ademais diso Mulleres en Igualdade denuncia que seguen sen incrementarse os medios humanos asignados ás unidades dos corpos e forzas de seguridade do Estado que actúan no ámbito da violencia de xénero en Galicia. Pero si valoran positivamente o anuncio efectuado polo Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda quen adiantou que destinará boa parte dos novos efectivos policiais que o Goberno central debe asignar á Policía Autonómica a loitar contra a violencia de xénero e a temas relacionados coa protección do menor
MEDIDAS TAMÉN NO ÁMBITO LOCAL
Mulleres en Igualdade de Cervo apunta como medidas necesarias a posta en marcha de xeito periódico e coordinado cas Corporacións Locais e Centros de Información a Muller, campañas de información e sensibilización que teñan como obxectivo mudar os estereotipos sexistas e que incidan no rexeitamento social sobre todas as formas de violencia de xénero. Ditas Campañas deberán centrarse especialmente nos centros escolares, educativos, sociais, sanitarios, laborais, culturais e deportivos.
Emprazan tamén ao Goberno central a espallar por todo o territorio nacional as Oficinas de Atención a vítimas e facer efectiva a asistencia letrada inmediata. Peticións nas que lamenta non contar co apoio do PSOE, máis preocupado en facer actos de propaganda que en reclamar medios e actuacións que deberan impulsarse desde o Ministerio de Igualdade




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



