BURELA (FNC) .- A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, asegura o único que a Xunta de Galicia do S.Feijoo fixo polos maiores dependentes de Burela foi obrigalos a desprazarse a Lugo para facer uns trámites que antes podían facer na vila. Cando sae así ao paso das declaracións feitas esta fin de semana polo grupo municipal do PP de Burela sobre as aportacións da Xunta de Galicia ao Concello para a prestación dos servizos sociais de axuda no fogar.
A edil nacionalista sinala que “como responsable da área de Benestar Social só me cabe cualificar aos representantes do PP ou como mentirosos ou como ignorantes totais do tema do que falan. E para que os veciños e veciñas de Burela saiban a verdade e non se deixen enganar polos que agora falan de todo sen entender de nada, eu vóulles dar todos os datos que os represantes do PP non deron”. Neves Cando explica que “en primeiro lugar, o Concello de Burela recibirá para este 2009 un total de 73.916,80€ máis que o ano pasado para o servizo de axuda no fogar aos maiores dependentes porque este ano temos máis persoas valoradas ás que lles corresponde dito servizo con respecto ao 2008. O ano pasado recibimos 31.459,20€ e este porque temos máis dependentes valorados recibiremos 87.376€, pero non porque o queira o Sr.Feijoo senón porque así o marca a lei”.
A responsable de Benestar Social en Burela engade que “segundo unha orde de xaneiro deste 2009, por certo aprobada pola anterior Xunta de Galicia, que regula o servizo de axuda no fogar para as persoas valoradas como dependentes xa hai unha cantidade fixa por cada persoa e por cada grao de dependencia. E esa é a cantidade que por lei nos corresponde. En abril tamén deste ano 2009, por parte da Vicepresidente da Xunta anterior que levaba o BNG, se nos notificou no Concello cal era esa cantidade total que para a axuda no fogar das persoas dependentes valoradas no noso concello tanto no 2008 como no 2009, que son 17 en total, nos correspondería para este ano que é a cantidade á que eu aludía antes dos 87.376 euros”.
Cumprir coa lei
Neves Cando suliña que “esa é a cantidade que nos corresponde por lei, e non porque o Sr.Feijoo aposte por Burela como di o PP, porque supoño que a Xunta de Galicia terá que cumprir a lei e non deixar sen axuda no fogar ás persoas valoradas como dependentes; por certo, como sí pretendía facer ao intentar sacar a paga de 200 euros aos que cobran unha pensión non contributiva, ou como está a facer a Xunta do Sr.Feijoo ao rebaixar nun 75% o fondo para os discapacitados”.
A segunda reflexión que fai a concelleira do BNG “é que a Xunta do Sr.Feijoo non fixo nada dende que abril entrou no goberno porque estas cantidades da dependencia para os servizos sociais, que xa estaban cofirmadas polo anterior goberno, aumentasen. Non temos constancia de ningunha aportación a maiores por novos dependentes valorados. E o que é máis grave, a Xunta de Galicia do Sr.Feijoo sí que lle deu a espalda a Burela porque desde que eles entraron a gobernar os nosos dependentes teñen que desprazarse a Lugo, a máis de 100 kilómetros, para facer a valoración da súa situación de dependencia, cando antes esto se facía en Burela. Isto é o que sairon gañando os nosos maiores coa Xunta de Galicia do Partido Popular, ter que marchar a Lugo sós ou acompañados da familia, nunhas circunstancias máis ou menos penosas de desprazamento, para facer uns trámites que co BNG na Xunta de Galicia se facían aquí en Burela. Ésta é a goleada que o Sr.Feijoo lles meteu aos nosos maiores, ésta é maneira de cumprir do PP cos nosos maiores”.
Centro de atención tempará
Neves Cando di que “ainda podemos dar máis datos para aclarar a ignorancia que neste tema demostran os representantes do PP en Burela. Foi grazas ao BNG na Vicepresencia da Xunta anterior que os custos relacionados co funcionamento do centro de atención temperá, que funciona en Burela e que atende a toda A Mariña, foron pagados íntegramente polo goberno galego, máis de 50.000 euros ao ano. Cartos que non foron pagados polo Concello, como moi ben debería saber o Sr.González Barcia que daquela era alcalde. En resumo o único que a Xunta de Galicia do S.Feijoo fixo polos maiores de Burela foi obrigalos a desprazarse a Lugo para facer uns trámites que antes podían facer aquí en Burela. Ese é o favor que lle debemos ao PP do Sr.Feijoo, esto é o que cumpre a Xunta do Sr.Feijoo con Burela, o resto é ignorancia total e absoluta dos representantes do PP de Burela sobre este tema da dependencia e do servizo da axuda no fogar”.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



