
Na actividade participaron o doutor Francisco Pintado, do Hospital da Costa, e a portavoz Delia Lorenzo, da Alcer Lugo
BURELA .- A Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia ofreceu unha charla divulgativa sobre a doazón e o transplante no instituto de educación secundaria Perdouro de Burela. A finalidade da iniciativa é a de concienciar aos escolares sobre a importancia de doar órganos. “Un dos obxectivos transversais do IES Perdouro, señala a vicedirectora Karina Parga, é concienciar e sensibilizar os seus alumnos e alumnas sobre a saúde, a consecución de hábitos de vida saudables e a solidariedade.
Nota de Prensa
Concienciar aos escolares sobre a importancia de doar órganos é o obxectivo dunha charla divulgativa sobre a doazón e o transplante que acaba de impartir a Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia no IES Perdouro de Burela.
Esta iniciativa do Sistema Público de Saúde galego, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, responde á necesidade de motivar e informar aos rapaces de Galicia dada a alta tasa de negativas familiares á doazón.
Neste sentido, a Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia traballa para ofrecer información aos alumnos sobre o que supón este acto altruísta que axuda a salvar vidas.
Un dos obxectivos transversais do IES Perdouro, señala a Vicedirectora Karina Parga, é concienciar e sensibilizar os seus alumnos/as sobre a saúde, a consecución de hábitos de vida saudables e a solidariedade.
Estudantes do IES Perdouro de Burela tiveron a oportunidade de coñecer detalles do proceso de doazón e transplantes da man do Doutor Francisco Pintado do Hospital da Costa e dunha portavoz da Asociación da Loita contra Enfermidades Renais (Alcer Lugo), Delia Lorenzo.
O Dr. Pintado explicoulles aos alumnos de 4º da ESO do IES Perdouro de Burela como se activa o protocolo de doazón e transplantes. Cando unha familia acaba de perder a un ser querido, os médicos teñen que plantearlle a posibilidade de doar os órganos desta persoa en morte cerebral ou en parada cardiorrespiratoria. Explicoulles o concepto de morte cerebral e como afrontan a manipulación do cadáver recalcando o respecto do tratamento do corpo. Os alumnos escoitaron detidamente os detalles sobre a extracción e os implantes de órganos sólidos como o corazón, o fígado, o roñón, o pulmón ou o páncreas, e de texidos, como osos, corneas, tendóns, ou válvulas cardíacas.
A testemuña dunha receptora: Delia Lorenzo, portavoz de Alcer Lugo e receptora de dous transplantes de roñóns.
Cando tiña dous anos diagnosticáronlle unha insuficiencia renal. Explicoulles aos rapaces a súa forma de vida peculiar e a dieta rigorosa que tivo que seguir durante a súa adolescencia mentres os seus amigos bebían e comían o que querían. Ao rematar o instituto, empezou un agresivo tratamento de hemodiálises que lle impedía levar unha “vida normal”. Aos vinte e catro anos operárona e foi a súa nai quen lle doou un roñón. Despois de ser transplantada mellorou notablemente a súa saúde, tanto foi así que puido ser nai de dúas fillas. Mais uns anos máis tarde, detectáronlle un cancro de tiroides. Estivo tratada contra o cancro pero o seu único roñón non aguantou a radioterapia e quimioterapia, e deixo de funcionar. Entón mentres esperaba por un órgano compatible, tivo que facer varias diálises peritoneais, operación moi delicada de 10 horas ao día, tendo a precaución de ter todo esterilizado para non sufrir ningunha infección. Aos corenta anos, un día, chamárona de Santiago para comunicarlle que había un roñón para ela. Emocionouse moito ao contar que grazas a dor unha familia que quixo doar os órganos de seu familiar falecido, estaba hoxe connosco contando a súa experiencia como receptora de órganos. Despois deste segundo transplante, vive de novo unha vida normal cos seus e agradece de todo corazón a aquela familia que co seu xesto puido salvar ata 5 persoas.





















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



