Fai moito tempo que os veciños de Foz (mais de dez anos) veñen reclamando un servizo médico de urxencias durante as vintecatro horas do día.
Cando se deseñou o mapa sanitario de Galicia reclamaron a ubicación de un PAC en Foz. Reclamación que ao largo dos anos foi derivando, ata a reclamación actual que e a dun servizo de urxencias médicas 24 horas.
En todo este tempo políticos de ideoloxía e partidos distintos comprometéronse a resolver esta demanda dos veciños de Foz.
Touriño e Quintana comprometéronse cos veciños antes das autonómicas de 2005 e despois de catro anos de goberno non resolveron o problema, e mesmo votaron en contra nas propostas que o PP levou o Parlamento de Galicia.
Diante das últimas eleccións autonómicas do 2009 foron os políticos do PP os que se comprometeron a resolver o problema das urxencias en Foz. Pero resulta que acaban de votar en contra a unha proposta neste sentido levada o Parlamento por membros da oposición.
Volveuse a tortilla. Os que prometen resolver o tema das urxencias vontan en contra, e os que non o prometen presentan mocións para implantalo. O Mundo ao revés. Non hai quen o entenda.
Mención especial merécea o deputado Balseiro. Na lexislatura anterior dicía que tiña trinta e sete votos e que lle faltaba tan só un para sacar a diante un PAC para Foz. Reclamaba insistentemente, e a través da prensa, este voto ao PSOE e ao BNG, en clara alusión aos deputados mariñáns Rego e Parga.
Pero pasou un ano, un só ano, e xa non dispón dos trinta e sete, mesmo non dispón nin do seu voto, pois acaba de votar en contra da proposta que el presentaba fai menos de un ano.
Que falta de seriedade por parte de tódolos políticos con este tema. Prometen unha cousa e despois os feitos demostran que fan todo o contrario. Non son de fiar.
Os únicos que manteñen unha postura coherente e firme neste tema son os membros da Plataforma Focega en Defensa da Sanidade Pública, que con independencia de quen estea no goberno da Xunta en cada momento, continúan a reclamar o servizo de urxencias 24 horas que consideran que Foz merece.
E aínda que se teña, ou non, de acordo con eles hai datos que non se lles poden rebater, como son os seguintes:
– Foz ten mais de dez mil habitantes. E durante o verán, Nadal e Semana Santa aumenta considerablemente a súa poboación. Non hai concello en Galicia que con esta poboación non teña PAC.
– Mondoñedo ten un PAC para atender os veciños de Mondoñedo e Lourenzana, aproximadamente sete mil persoas. Foz comparte PAC con Burela, Cervo, O Valadouro e Alfoz, mais de vinteoito mil persoas. Catro veces mais fora de época estival. No verán aínda son mais.
– Esta non e unha distribución xusta para veciños que pagan os mesmos impostos. Tampouco se pode dicir que sexa unha forma de optimizar os recursos.
– O PAC de Burela é o que máis persoas atende de Galicia.
– Os tempos de espera no PAC de Burela son moi superiores os de calquera outro PAC.
Estes datos, e outros moitos, son os que os dirixentes do SERGAS e os políticos gobernantes non queren atender.
Os primeiros por que só se preocupan de recortar gastos, miran todo só desde o punto de vista económico e non os preocupan doutras consideracións como pode ser a calidade da atención ou o tempo de espera.
Os segundos porque só lles interesa o tema na época electoral cara a conquerir algún voto. Logo non se acordan de nada. A memoria e a palabra da maioría dos políticos e fráxil, e non ten ningún valor.


















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



