Nota de Prensa
Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao son os autores desta iniciativa que pretende recuperar un proxecto esquecido no seu día polo Goberno bipartito autonómico
O PP PREGUNTA NO PARLAMENTO SOBRE O ORZAMENTO E O NÚMERO DE VIVENDAS SOCIAIS PREVISTAS POLA XUNTA NO CONCELLO DE TRABADA
* O Concello de Trabada acordou, o 4 de setembro de 2009, a cesión á Xunta dun solar de 3.741 metros cadrados sitos na rúa San Roque –ao carón da anterior promoción – co obxecto de destinalo á construción de novas vivendas sociais.
* A través deste proxecto preténdese dar resposta a unha importante demanda veciñal que supera o medio de cento de peticións de vivendas a prezos accesibles.
A Mariña, 29 de decembro de 2009.- Os deputados do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao rexistraron no Parlamento unha iniciativa co obxecto de coñecer as previsións que manexa o novo Goberno galego ao respecto da construción de novas vivendas sociais no termo municipal de Trabada. O PP quere coñecer tanto o orzamento dispoñible para esta actuación como o número de vivendas sociais proxectadas neste concello.
Os populares lembran que xa no seu momento existía o compromiso de desenvolver unha segunda fase de construción deste tipo de edificacións, despois de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo promovese unha serie de vivendas unifamiliares adosadas en Trabada. Desafortudamente o proxecto atopouse coa falta de vontade e esquecemento do anterior Goberno bipartito da Xunta o que implicou a súa paralización. Desde o PP subliñan que o desinterese dos anteriores responsables da Xunta bipartita pola posta a disposición dos veciños de vivendas a prezos accesibles foi a nota característica da súa actuación, non xa en Trabada, senón incluso no resto das bisbarras da Mariña lucense.
A construción de novas vivendas sociais en Trabada ten por obxecto responder a unha gran demanda veciñal que supera o medio cento de peticións. Para facer realidade este proxecto o Goberno municipal acordou, con data 4 de setembro de 2009, a cesión á Xunta dun solar de 3.741 metros cadrados sitos na rúa San Roque –ao carón da anterior promoción pública- o que serve para facilitar a recuperación dun proxecto chamado a garantir a un bo número de familias deste concello a máis doada adquisición en propiedade dunha vivenda digna.























Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que serán os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.



