NOTA DE PRENSA
Basanta afirma que a actual política crediticia significa a desaparición de decenas de PEMES e autónomos en Foz.
Os nacionalistas instan á Xunta e ao Goberno a que
apreme á banca para que abra a billa do crédito
O BNG presenta unha moción en Foz
para defender a fusión das Caixas Galegas
Foz, 7 de decembro de 2009.- O Bloque Nacionalista Galego vai presentar unha moción no vindeiro pleno a fin de que a Corporación de Foz se posicione a favor da fusión entre as caixas galegas e dun novo marco normativo que regule as mesmas.
Xoán Carlos González Basanta considera que actual crise financeira, que ven provocando un feche na billa do crédito no último ano e medio, é unha das causas da delicada situación que están a sufrir autónomos e PEMES en Foz e que foi asemade unha das causas centrais de que fora precisamente no réxime de autónomos onde máis empregos se perderon no Concello desde que empezou a crise económica.
O Portavoz Municipal do BNG está convencido de que manténdose a actual política crediticia por parte das entidades financeiras os nosos autónomos e PEMES van padecer un ano 2010 insoportábel, na medida en que sen financiamento non van contar con instrumentos para poder sortear o escenario económico que estamos a padecer. A crise que está a sufrir o sector bancario, non pode ter como paganos a pequenos negocios e autónomos, aínda máis, cando bancos e caixas están a recibir cuantiosas cantidades de diñeiro público por parte do Goberno do Estado.
Xoán Carlos G. Basanta apuntou “que o Goberno Galego ten que arbitrar mecanismos que permitan achegar financiamento ás empresas a través dos operadores públicos (IGAPE…) e obrigue ás caixas galegas a abrir a billa do crédito se non queremos ter un outono con boa parte do noso sector produtivo desmantelado”. Basanta considera que é central garantir a galeguidade das caixas, algo que pasa necesariamente pola fusión de Caixa Galicia e Caixa Nova, e definir unha política de crédito para as mesmas que non poden responder unicamente a dialéctica de maximizar os beneficios, senón que debe atender as necesidades do noso tecido produtivo.
O Portavoz nacionalista recalcou que “a situación actual de recesión económica e de dificultades financeiras fai necesaria a intervención por parte dos poderes públicos galegos na adopción dunha estratexia por parte das caixas de aforro galegas de apoio decidido aos sectores produtivos galegos, ás empresas que producen e crean valor en Galiza e, en xeral, a contribuír ao impulso da economía produtiva do país. Cómpre, polo tanto, máis que nunca a coordinación da política crediticia e de investimentos das caixas de aforro galegas, orientándoas a fortalecer os lazos co tecido empresarial galego e apoiar o financiamento dos sectores económicos estratéxicos, así como a xeración de emprego”.
Na mesma liña, Basanta anunciou que a súa forza política insta á Xunta de Galiza a que facendo uso das competencias estatutarias, vete calquera operación que signifique a absorción das entidades galegas por outras foráneas. Igualmente os nacionalistas demandan que a nova lei de caixas, que aprobou a pasada semana elaborar o parlamento, fixe como obxectivo unha maior participación pública de cara a permitir redireccionar o crédito á actividade produtiva.
Xa por últimos desde o BNG de Foz esixiuse unha reforma legal pola que se reforce a función de protectorado e control público das caixas de aforro, dada a súa natureza e función social, para conectalas coa estratexia económica máis acaída aos intereses económicos xerais do país; así como se mellore a transparencia no seu funcionamento, afondando nunha maior democratización dos seus órganos directivos. Tanto é así que Basanta afirmou “as caixas galegas non son propiedade de máis ninguén que dos galegos, polo que non podemos permitir que os seus xestores actuais, responsábeis da situación na que se atopan, determinen a súa política de crédito, deixando abandonados aos nosos sectores económicos”.

















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



