VIVEIRO .- O teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá no primeiro semestre do ano espectáculos variados dirixidos a todas as idades, polo Pastor Díaz pasarán Caramuxo Teatro, Sarabela Teatro, Teatro do Morcego, Áncora Produccións, tamén Galitoon e a Cía Lírica, entre outros.
PROGRAMACIÓN
XANEIRO:
Sábado 30: Miroscopio Perdición. Cachai!. RGTA
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 20.30
Autor/ director: Pepe Jiménez
Xénero: contemporáneo
Público: adulto
Elenco: Adán Rodríguez e David Gómez- Benito
Cachai introdúcenos nunha viaxe. Unha viaxe que se inicia cando non queda nada, ás veces familia, casa, traballo, identidade legal, saúde ou afecto. A vida entón acontece grazas á insistencia por agarrarse a ela. Nunha loita constante por non perder a dignidade. Nunha loita por sobrevivir.
Cando non queda nada é preciso renacer. Renacer despois da perda. Renacer desde a carencia. Renacer dos anónimos, daqueles dos que ninguén se lembra, das vítimas. Dos inocentes. Dá igual se ocorre en Galicia, en Marrocos, en Chile ou en Palestina. Cachai?
Duración: 1 h. 20 min.
FEBREIRO:
Venres 5: Galitoon. Rosalía, a pulga que escribía. Función escolar, RGTA
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 11.30 horas
Autora: Andrea Bayer
Dirección: Andrea Bayer e Santiago Alonso
Música : Diego Paz , Elena Paz. Música en directo
Elenco: Santiago Alonso
Xénero: teatro de monicreques
Público: a partir de 2 anos
SINOPSE:
Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.
Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e
mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario…. e lérllela.
Á señora Toupa porque non ve.
A Dona Xirafa porque perdeu as gafas.
Á ovella porque non sabe ler.
Ao señor Ratón porque lle encanta que lle lean.
E a Mr Elefante porque só sabe ler en inglés.
O contido da carta é unha invitación:
O MARTES 3 ÁS 10 UNHA FESTA NA CASA DE ROSALÍA.
Todos reciben unha carta, todos, menos Bruno, o Canguro.
Por que?
Porque é unha festa sorpresa para el!
Duración: 50 min.
Venres 5: Galitoon. Rosalía, a pulga que escribía. RTGA
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 18.00 horas
Autora: Andrea Bayer
Dirección: Andrea Bayer e Santiago Alonso
Música : Diego Paz , Elena Paz. Música en directo
Elenco: Santiago Alonso
Xénero: teatro de monicreques
Público: a partir de 2 anos
SINOPSE:
Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.
Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e
mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario…. e lérllela.
Á señora Toupa porque non ve.
A Dona Xirafa porque perdeu as gafas.
Á ovella porque non sabe ler.
Ao señor Ratón porque lle encanta que lle lean.
E a Mr Elefante porque só sabe ler en inglés.
O contido da carta é unha invitación:
O MARTES 3 ÁS 10 UNHA FESTA NA CASA DE ROSALÍA.
Todos reciben unha carta, todos, menos Bruno, o Canguro.
Por que?
Porque é unha festa sorpresa para el!
Duración: 50 min.
Sábado 27: Áncora Produccións. Colgados . A incrible historia do Homesoga o colgado de Celeiro: Logomono. RGTA
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 20.30
Autor: Gustavo Pernas Cora
Dirección: Anxela G. Abalo
Elenco: Gustavo Pernas Cora.
Xénero. Comedia
Público. Adulto
COLGADOS- A incrible historia de Homesoga o colgado de Celeiro- Logomono-* de Gustavo Pernas Cora
En épocas de crise hai moito colgado. “Homesoga” é un colgado profesional. Que tes algún problema grave? El cólgase por ti. A súa historia é incrible. Todo comezou sendo neno, cando…En fin, se queres que cha conte e precisas dos seus servizos, ven, el nunca te deixará colgado porque morrerás coa risas.
*Os logomonos son monólogos ao revés, monólogos mutantes interpretados polo propio autor. E logo son monos, para lucir no espazo da comedia, espectaculares, peludos, esperpénticos, surreais, actuais, críticos, acedos, divertidos, ha, ha, ha!, hilarantes como a risa dos monos.
Duración : 1h. 15 min
MARZO:
Sábado 6 : Orquestra de Cámara Galega . Xacobeo 2010
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 20.30 h.
Sábado 13: Teatro do Morcego. Kvetch. Unha comedia americana sobre a ansiedade. RGTA
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 20.30
Autor: Steven Berkoll
Dirección: Álvaro Lavín
Xénero: comedia
Público: adulto
Elenco: Celso Parada, Mónica Caamaño, Miguel Pernas, Dorotea Barcena e Mundo Villalustre.
Imaxine un intre no que vostede puidese expresar en alto todo aquilo que pensa polo baixo, sen ser oído polos que o rodean. Imaxine a cantidade de sesións de diván na consulta do psicoanalista que aforraría. Ou non?.
Un espectáculo impúdico, xubiloso, devastador e feroz dos seus medos, frustracións e estrés diarios de toda caste : “Kvetch”.
Vivimos todos baixo a ameaza da bomba –do cancro- dos axentes canceríxenos –da enfermidade- do paro –da impotencia- do medo ao medo –dos negros– dos brancos –da policía– dos impostos –da declaración da renda- de quedar calvos –de engordar– de poñernos feos –de ser parvos– de non ser enxeñosos –de ser tímidos- de preocuparnos por aprender a tocar o piano –do medo ao fracaso– de non causar boa impresión –medo á forza dos demais– a non ter xubilación – a vellez – a morte – á guerra… Esta é unha obra adicada a tódolos que teñen medo.
Duración : 1h. 20 min
ABRIL:
Sábado 10: Gala Lírica da Cía Lírica OFELIA NIETO. XACOBEO 2010
Lugar: Teatro Pastor Díaz.
Hora: 20.30 horas.
Interpretes: Alba López, soprano; Pablo Carballido, tenor y Antón de Santiago , barítono, con acompañamento de piano.
Sipnose:
Unha selecta e fermosa escolma de pezas da Cantiga Lírica Galega, grande tesouro poético-musical da cultura de Galicia, baseado nos nosos grandes poetas; mostras da posible Zarzuela galega (Maruxa, A Meiga, etc.), e anacos das máis fermosas pezas do Teatro Lírico Español e da Opera Universal. Todo isto interpretado por tres dos mellores cantantes galegos, residentes en Galicia, cuxa formación e arte interpretativa ten de sempre a mellor acollida de público e crí tica. P.Carballido, alumno de Antón de Santiago, licencionse coas máximas ca lificacions e premios de fin de carreira e é Profesor de Canto titulares no Conservato rio Profesional da Coruña e na Escuela Municipal de Música da mesma cidade, en tanto A. Ló pez, que cursa os últimos cursos do Superior con A. De S., nos que obten altas calificacions e matrículas de honra, ven de gañar o 1º Premio no Cer tame de Voces Xoves do Circo de Artesanos. Antón de Santiago, responsable da Cátedra de Canto do C.Superior da Coruña, estudou en Ma drid con Marimí del Pozo, M.Zanetti e F.Lavilla e foi 1º premio no C.I. de Canto de Logroño. É compositor, actor e autor teatral e periodista mu sical. Está considerado o mellor intérprete da Cantiga Lírica Galega
Sábado 17: Sarabela Teatro. A Esmorga. RGTA
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 20.30 h
Autor: Eduardo Blanco Amor
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Xénero: drama
Público: adulto
Elenco: Fernando Dacosta, Suso Díaz, Xosé A. Porto “Josito”, Nate Borrajo, Rosa Álvarez, Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Tito R. Asorey
A OBRA CUME DA NOSA NARRATIVA FEITA TEATRO NO CINCUENTA ANIVERSARIO DA SÚA PUBLICACIÓN. UN ESPECTÁCULO CAPAZ DE FACER SANGRAR Á CHUVIA E CHORAR AO LUME
Dende a primeira escena, o espectador/a entra na traxedia. A ESMORGA combina con asombrosa naturalidade a esencia absoluta da vida e da morte. Intensa, emocionante e, sobre toda apaixoada, é unha obra MESTRA, das mellores xamais escritas.
A Esmorga é unha traxedia aceda e cruel de tres homes marxinais e marxinados que ao longo de vinte e catro horas deambulan polos arrabaldos de Auria -transfondo ficcional da cidade de Ourense-. Perseguidos pola xustiza e baixo a choiva e o frío da noite, Cipriano Canedo, obreiro (O Cibrán ou O Castizo), Juan Fariña (O Bocas, O Alifante), sen oficio coñecido, e Eladio Vilarchao (O Milhomes, O Maricallas), xastre de profesión, atopan o seu desafogo no alcol, no sexo e na violencia. A entrega aos praceres máis primarios, como fuxida á adversa realidade na que viven, lévaos á autodestrución.
A historia transcende a época e o espazo. Podería acontecer hoxe en calquera cidade occidental.
Duración: 1 h. 30 min.
Venres 30: Caramuxo Teatro. Os Bolechas
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 11.30 horas.
Autores: Juan Rodríguez e Pepe Carreiro
Dirección: Juan Rodríguez
Xénero; monicreques
Público: a partir de 3 anos
Elenco: Juan Rodríguez, Victoría Pérez e Laura Sarasola
Caramuxo teatro presenta o gran éxito editorial galego. Os Bolechas, unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosa un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns
Duración: 50 min
Venres 30: Caramuxo Teatro. Os Bolechas
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 18.00 horas.
Autores: Juan Rodríguez e Pepe Carreiro
Dirección: Juan Rodríguez
Xénero; monicreques
Público: a partir de 3 anos
Elenco: Juan Rodríguez, Victoría Pérez e Laura Sarasola
Caramuxo teatro presenta o gran éxito editorial galego. Os Bolechas, unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosa un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns
Duración: 50 min




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



