Nota de Prensa
O BNG PRESENTARÁ MOCIÓNS EN TÓDOLOS CONCELLOS DA MARIÑA AFECTADOS POLO PLANO DE ORDENACIÓN DO LITORAL
Os nacionalistas instan a crear comisións non permanentes de estudo para participar das suxestións que os concellos deberán facer ao documento nos meses de febreiro e marzo
Veiga asume o Plano aprobado pola Xunta como un plan xeral que require da participación dos diferentes axentes que operan no urbanismo
O Consello da Xunta de Galiza acordou na súa xuntanza do 8 de xaneiro de 2010 remitir aos diferentes Concellos, Deputacións e areas de carácter supramunicipal afectadas polo Plano de Ordenación do Litoral, copia do mesmo a fin de que elaboren un informe previo a aprobación definitiva do POL, que a Xunta sitúa en decembro do presente ano. Segundo o Goberno Galego, o documento xa rematado, será enviado para consulta dos Concellos ao longo do mes de Febreiro e Marzo na perspectiva de que as diferentes corporacións o analicen e presenten as suxestións que consideren oportunas de cara a súa introdución, naqueles casos que Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considere oportunas, no documento que será sometido a exposición pública.
O Plano de Ordenación do Litoral estuda un territorio de algo máis de 376.000 hectáreas, centrándose a xestión do plan nun ámbito de aproximadamente 212.164 hectáreas, o 7,2% da superficie da comunidade, o que implica un incremento de 131.501 hectáreas, respecto as 86.663 hectáreas que abarcan os 500 metros que establecía a Lei 6/2007, de medidas urxentes. Xa que logo o POL afecta a 84 Concellos , dos que 47 corresponden á provincia da Coruña, 10 á de Lugo e 27 á de Pontevedra. No caso de Lugo xestionase e clasificase unha superficie de 25.531 hectáreas de solo, que significa o 2,59% da superficie total da Provincia, correspondéndose con bolsas de chan situadas nos Concellos Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Vicedo, Trabada e Valadouro.
O POL integra a paisaxe na ordenación territorial e urbanística establecendo tres niveis diferenciados: os grandes ámbitos de costa representativos, os sectores característicos dentro deses grandes ámbitos e a caracterización de unidades de paisaxe presente en cada un deses sectores. Respecto ao primeiro nivel, diferéncianse 7 grandes costas, a Mariña Lucense, Rías Altas, Golfo Ártabro, Arco Bergantiñán, Costa da Morte, Rías Baixas e Costa Sur. Configurando estas 7 costas caracterízanse 35 sectores, tal e como ademais, establécense 428 unidades de paisaxe litorais. No caso da Mariña Lucense. Os sectores costeiros que se delimitan no caso de Lugo correspóndense coa Ría de Ribadeo, A Mariña Oriental, Ría de Foz, Mariña Occidental, Costa de Xove, Ría de Viveiro e Ría do Barqueiro.
A efectos da ordenación territorial, o Plan do Litoral establece tres tipos distintos de áreas. A Área de protección na cal se inclúen ámbitos que, en atención ás súas características naturais singulares ligadas ao litoral, son merecedores dunha especial protección. Destaca a protección ambiental (elementos de valor en atención ás características naturais) e a protección de corredor (os ríos e a súa vexetación). A Área de Mellora Ambiental e Paisaxística, recolle o territorio comprendido entre a área costeira e os primeiros eixes do modelo de organización tradicional, comprendendo a paisaxe litoral próxima á costa. A Área de Ordenación, recolle os ámbitos de organización do modelo territorial en que se fai compatible o crecemento coa protección dos valores litorais. Recolle o territorio tras a fronte litoral no cal se atopan os asentamentos ligados visual ou funcionalmente ás paisaxes litorais.
O Bloque Nacionalista Galego diante da aprobación dun instrumento de ordenación territorial fundamental para un Concello costeiro como é o POL, que a máis polo seu carácter supramunicipal implica a transposición mecánica ao planeamento local, considera prioritario que por parte dos Gobernos locais se estuden en detalle as solucións propostas e se fagan participes da mesma aos diferentes actores que participan do urbanismo. Neste sentido reiteramos a necesidade de vontade política, que pase por entender a elaboración do planeamento como un proxecto colectivo que garanta a participación dos particulares, que entenda o urbanismo como unha disciplina de carácter transversal que afecta ao conxunto das esferas locais e de xeito moi particular á calidade de vida, que sitúe o público e a defensa do interese xeral como principio reitor da política, que desenvolva a ordenación do territorio facendo efectivo o reparto de cargas e beneficios, que non clasifica solo atendendo a criterios de mercado ou do parcelario, senón en función do interese xeral e que dea resposta aos problemas centrais dos administrados.
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



