LUGO .- O pleno da Deputación, a instancias dunha proposta do goberno da Deputación que foi defendida polo voceiro do Grupo Provincial do BNG, aprobou a retirada do POL por consideralo “un atranco para o desenvolvemento da Galiza litoral”
Nota de Prensa
O PLENO DA DEPUTACIÓN, A INSTANCIAS DO BNG, SOLICITA A RETIRADA DO POL
Segundo Antonio Veiga, “é mentira o que se di desde o PP de que o POL non prohibe nin ordena, porque para ordenar ten que chegar a prohibir, e ademais clasifica zonas nas que queda prohibido o seu uso residencial en nada menos que 9.522 hectáreas”
Veiga afirmou que “non hai lugar a dúbida de que este documento estabelece un urbanismo á carta en función do cliente” xa que “dá tratamentos diferentes a realidades urbanísticas homologábeis”
Lugo, 30 de marzo de 2010. Esta tarde, o pleno da Deputación, a instancias dunha proposta do Goberno da Deputación que foi defendida polo voceiro do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego, aprobou hoxe a retirada do POL por consideralo “un atranco para o desenvolvemento da Galiza litoral ao propor un modelo de ordenación de territorio que non se axeita á realidade galega” e resaltou a súa importancia xa que “afecta a todos os concellos da costa, incluídos Trabada e o Valadouro, ordenando unha gran cantidade de solo”. A proposta do goberno provincial foi aprobada a pesar dos votos en contra do PP e da abstención do deputado adscrito ao grupo mixto. Para o portavoz do BNG provincial, Antonio Veiga, “é mentira o que se di desde o PP de que o POL non prohibe nin ordena, porque para ordenar ten que chegar a prohibir, e ademais este documento clasifica solo xa que hai áreas de protección, de mellora ambiental, nas que queda prohibido o seu uso residencial en nada menos que 9.522 hectáreas”. O portavoz nacionalista indicou que estas 9522 hectáreas na Mariña correspóndense con importantes bolsas de solo urbanizábel, cuxo desenvolvemento urbanístico fica hipotecado. O Portavoz do BNG denunciou que “a prohibición dos usos residenciais en solo urbanizábel realízase de xeito discrecional, sen atender a ningún criterio, é máis, faise desde unha perspectiva absolutamente discrecional sen ter en conta o carácter regrado que debe ter a clasificación do solo”.
A maiores, Antonio Veiga criticou semellantes desaxustes porque “non é explicábel que no Concello de Foz se prohiba edificar en 117 hectáreas de solo urbanizábel mentres que no Concello de Viveiro a limitación do terreo urbanizábel se limita a 4,62 hectáreas; ou que no Concello de Cervo se prohiba edificar en 120 hectáreas de solo urbanizábel e no Concello de Xove a limitación afecte unicamente a 0,39 hectáreas e, en Barreiros, chega a prohibición incluso por riba da N-634”. Neste sentido, Veiga lembrou que durante a campaña ás pasadas eleccións galegas, o PP fixera fincapé na distribución de folletos en Barreiros dicindo que “o plan do litoral do bipartito afectaba aos fogares pola prohibición dos 500 metros, pero é que con este novo POL existen partes onde a prohibición supera os 500 metros”.
Segundo Veiga, unha análise detallada do POL permite comprobar o tratamento desigual que lle dan a realidades urbanísticas homologábeis e afirmou que “non hai lugar a dúbida que este documento estabelece un urbanismo á carta en función do cliente, polo que sería bo que o PP nos dixese se avala estas prohibicións nos diferentes concellos da Mariña”. Para Veiga, o POL vai acrecentar a inseguridade xurídica existente nos concellos da Mariña, atrasar plans de ordenamento municipal que xa estaban en redacción (lembrou que o único concello que ten o seu PXOM actualizado á norma do 97 é o do Vicedo), e encima non solucionará os problemas á xente de a pé, mantendo a indefinición da edificabilidade en pequenas parcelas que non estean definidas como solo urbano “consolidado”, definición a de “consolidado” que, segundo o portavoz nacionalista, foi parte do detonante do problema urbanístico creado en Barreiros.
Veiga reclamou que o proceso de ordenación do litoral se faga “coa maior das transparencias posíbeis e facilitándolle a máxima información aos veciños e veciñas afectadas”, unha vontade que o BNG tratou de canalizar á Xunta desde os concellos xa a partir de xaneiro propoñendo a creación de comisións para o seu estudo, algo que obtivo o rexeite naqueles concellos onde goberna o PP”. Para Antonio Veiga, isto demostra as intencións do PP de querer aprobar este POL polas bravas, sen contar cos veciños e veciñas”. Neste sentido Veiga afirmou que “mentres afirman que están dispostos a introducir modificacións no documento antes de proceder á súa aprobación inicial, e curiosamente alongan o prazo de consultas até o 3 de maio, por outra banda seguen nas súas trece de pretender telo listo inicialmente o 15 dese mes para sacalo á exposición pública e aprobalo despois do verán, o que imposibilita na práctica calquera tipo de modificación” aseverou Veiga. “Así, -criticou Antonio Veiga, non é xeito de proceder se o que pretendemos é unha ordenación do territorio positiva para Galiza”.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



