Nota de Prensa
ANTONIO VEIGA AMOSOU O SEU APOIO AOS TRANSPORTISTAS AFECTADOS POLOS IMPAGOS DA PLANTA DE CEMENTOS DE NADELA
O responsábel comarcal do BNG da Mariña, Antonio Veiga, trasladoulle o apoio do BNG aos cinco transportistas autónomos afectados pola débeda da planta de cementos de Nadela, en Lugo
Neste sentido, anunciou que o BNG estuda a posibilidade de emprender iniciativas para poñer á Xunta e ao goberno central ao corrente desta situación, xa que quen adebeda é un grupo empresarial con alta contratación pública
Lugo, 14 de abril de 2010. O responsábel comarcal do BNG na Mariña, Antonio Veiga, desprazouse a mañá pasada até Nadela para acompañar e trasladarlle o apoio do BNG aos transportistas, entre os que se atopa un empresario mariñao, afectados polos impagos da planta de cementos de Nadela na concentración que manteñen diante das portas da empresa desde hai case unha semana. Neste sentido, Antonio Veiga afirmou que “non se pode permitir que haxa persoas que estean a sufrir altísimas débedas por parte de grandes empresarios que continúan a lucrarse e que teñen contratado grandes obras con administracións” e manifestou que “desde as institucións debemos facer todo o que estea nas nosas mans e poñer todos os medios posíbeis para que saian desta situación”,
Antonio Veiga mostrouse moi crítico e lamentou que “unha vez máis sexan os traballadores e traballadoras de a pé quen teñan que sufrir nas súas peles a dureza da crise económica produto dun sistema que crebou e se mostra ineficaz” e que conta co agravante, neste caso, de estar “motivada por un impago de grandes empresarios que coa súa débeda prexudican seriamente a vida de moitas familias”, como se pode ver na situación desesperada de concentración destes cinco transportistas lucenses.
Neste camiño, Antonio Veiga anunciou que desde o BNG estase a estudar a posibilidade de emprender iniciativas, como preguntas dirixidas ao Parlamento Galego, para poñer á Xunta e ao goberno central ao corrente desta grave situación, xa que quen adebeda é un grupo empresarial con alta contratación pública. Este grupo que presenta débedas, La Estrella, depende de Catisa (cuxa matriz é o grupo do construtor do Bierzo, Martínez Núñez) e ten diferentes plantas en Galiza, como en Barreiros, Santiago, Ourense ou A Coruña e leva a cabo numerosos proxectos públicos como a nova ponte sobre o Miño en Lugo, a variante ferroviaria na Pobra de San Xiao ou o corredor Sarria-Monforte de Lemos. Afondando nisto, Veiga afirmou que as administracións “teñen a obriga de saber en todo momento se as empresas que resultan beneficiarias de contratacións públicas, e que reciben dos entes públicos unha carga de traballo e negocio importantísimo nestes momentos, cumpren co disposto nas súas condicións en canto aos prazos de pago”, porque doutro xeito estase permitindo que se produzan irregularidades que condicionan gravemente a vida de moitas e moitos traballadores.
O conflito por débedas cos transportistas lucenses por parte da cementeira cuxa planta está ubicada en Nadela sacou a relucir, segundo expuxo Antonio Veiga, “a inoperancia dun modelo económico que se esquece das persoas e ten unicamente en conta ao capital”, o que nos conduce a desaxustes e a situacións críticas como a que hoxe en día estamos a sufrir.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



