LUGO .- A Deputación ten despregado dende primeiras horas da mañá un amplo dispositivo formado por 40 operarios e 20 vehículos para atender as incidencias ocasionadas na Mariña polas intensas choivas producidas dende o día de onte. O Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, desprazouse ata esta zona da provincia, onde supervisou dende as 8:30 horas da mañá os danos ocasionados nos Concellos de Burela, Cervo, Viveiro e Foz. Por vía telefónica, os servizos da Deputación puxéronse en contacto cos municipios de Ribadeo, O Vicedo e Xove.
O máximo mandatario provincial, quen decidiu supender a visita que tiña programada este xoves ó muncipio cervense e ó de Valadouro, ordenou que todas as máquinas do Parque Móbil que están a levar a cabo obras de mellora nas vías municipais dos Concellos da provincia se desprazasen ata Burela para atender coa máxima urxencia e celeridade os danos ocasionados neste municipio, que foi un dos máis afectados. Gómez Besteiro subliñou que “dende primeiras horas da mañá estase a despregar todo o operativo, tanto o das empresas encargadas da Conservación como o do Parque Móbil. Neste último caso, as seis máquinas estaban espalladas pola provincia e agora están a traballar nas zonas prioritarias de Burela para dar resposta ós danos que as choivas ocasionaron nas casas e en moitas estradas”.
Ademais das máquinas do Parque Móbil, as empresas adxudicatarias da Conservación da Rede Viaria Provincial continúan a traballar nas estradas da Deputación de todos os municipios mariñanos para atender as incidencias rexistradas, e que provocaron caídas de árbores, asolagamentos nas estradas, así como desprendementos de terra e de pontes que fan imposible a circulación en varios treitos da rede viaria provincia.
Nestes momentos, están pechadas ó tráfico 12 estradas provinciais de 10 Concellos da Mariña. Ademais de en Burela, os principais incidentes rexistráronse en Ribadeo, na CP 5204, que vai de Cedofeita por Arante e Viral, onde se produciu un desprendemento dunha ponte, o que obrigou a que a Deputación desviase o tráfico poar LU-133 de Vilamor a Reme. Asimesmo en Figueirido (Cervo), por mor do desbordamento do río, houbo que abrir a CP 1508. O dispositivo da Deputación tamén se viu obrigado a pechar a CP 6103 de Trabada por Fórnea a Barreiros ó producirse un forte desprendemento da montaña.
Outras estradas que están cortadas nestes momentos na Mariña por asolagamentos e arrastres de pedras son as seguintes: en Barreiros (CP 0610 -enlace praias Altar-Reinante-Os Castros-; e CP 0611 que vai estrada nacional 634 á praia de Coto); Trabada (CP 06103 que comunica esta localidade con Barreiros); Lourenzá (CP 2801 de Santo Tomé, por Adriano e Augaxosa a Mazo); Viveiro (CP 2604 de Xove, por Monte a Valcarría); Ribadeo (CP 5209 da estrada N-634 á praia das Catedrais; e CP 5205 da estrada N-634 á de Portovega); Burela (CP 1510 de San Ciprián, por Marosa, a Burela); e na CP2007 en Foz. Tamén houbo desprendementos en Alfoz, (CP 0202 de San Acisclo por Oiras no lugar de Milicroca; e CP 020 de Feira de San Antonio a Oiran no lugar de Barbeitos).
Outras incidencias noutras zonas da provincia
Outra das zonas que se viron afectadas polas choivas foi a Terra Chá. Concretamente, rexistráronse árbores na calzada en: Castro de Rei (CP 1106, que enlaza este municipio con Bretoña; na CP 1115, no acceso ó polígono industrial; CP 1110 de Ansemar, a Ludrio) e CP 1611 no cinto comarcal en dirección ó municipio chairego; Meira (CP 3003 de Meira por Leiras á N-640, que está cortada en pequenos treitos). En Bóveda, na CP 0910 que vai a Vilarbuxán, tamén se rexistraron árbores na calzada. Tamén houbo desprendementos en Alfoz, (CP 0202 de San Acisclo por Oiras no lugar de Milicroca; e CP 020 de Feira de San Antonio a Oiran no lugar de Barbeitos).
A Deputación continúa en alerta ante o temporal no día de hoxe para atender calquera tipo de incidencia que poida xurdir na rede viaria provincial e garantir a seguridade dos viandantes, así como en vindeiros días para arranxar os danos ocasionados e para que a situación se restableza canto antes.
























Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



