NOTA DE PRENSA
O BNG INSTA AO GOBERNO GALEGO A NEGOCIAR CO PROMOTOR CON LICENZAS DE CONSTRUCIÓN NA ZONA UNHA SOLUCIÓN QUE PROTEXA O XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DA ATALAIA
Informes técnicos recomendan á Comisión Provincial de Patrimonio a conservación do castro da Atalaia in situ o que fai incompatíbel a execución dos proxectos de construción previstos para a zona
Os informes poñen de relevancia o alto valor histórico e cultural o que lle confire gran importancia para coñecer a historia da Mariña Luguesa
O BNG levará a pleno a continuación de escavacións arqueolóxicas en terreos públicos de Portos do Estado
Cervo, 4 de xuño de 2010. A Comisión Provincial de Patrimonio reunida o pasado 27 de maio emitiu ditame de acordo amparada en informes técnicos valorativos das escavacións arqueolóxicas en área de dous expedentes correspondentes a sendas parcelas onde se proxecta a construción de dous edificios para 32 e 26 vivendas no Castro da Atalaia. De acordo con este ditame a importancia histórica e patrimonial do xacemento confírenlle un especial valor para coñecer a historia da Mariña Luguesa polo que recomendan a conservación in situ do xacemento tal como xa tiña determinado a anterior Dirección Xeral de Patrimonio polo que esta conservación e incompatíbel cos dous proxectos arquitectónicos con licenza municipal previstos para a zona o estaba prevista a construción de 58 vivendas. O BNG agarda unha resolución definitiva que preserve o xacemento para o que será necesario chegar a acordos co promotor e instará ao pleno a solicitar a Costas actuacións en terreos públicos.
Novos informes avalan a intención da anterior Dirección Xeral de Patrimonio de conservar in situ o xacemento arqueolóxico de Punta Atalaia
Novos informes arqueolóxicos avalan as intencións da Dirección Xeral de Patrimonio do anterior goberno galego de conservar in situ o xacemento arqueolóxico de Punta Atalaia, as recomendacións emitidas por técnicos de patrimonio levaron o pasado 27 de maio á Comisión Provincial de Patrimonio a emitir un ditame no que se acorda a “informar a favor da conservación in situ dos vestixios arqueolóxicos e considerar que os proxectos arquitectónicos con licenza municipal son incompatíbeis con esta conservación”. Os dous informes referidos á escavación arqueolóxica e área de dous predios nos que un promotor ten licenza municipal para a construción de 32 e 26 vivendas deixan clara a importancia do Castro da Atalaia como ben histórico e cultural de primeira magnitude “atribuíndolle unha especial relevancia para o coñecemento da historia da Mariña Luguesa”
O acordo da Comisión Provincial de Patrimonio obriga a negociar de inmediato co promotor solucións que permitan a conservación e posta en valor do xacemento
O BNG entende que este ditame obriga ao goberno galego a negociar de inmediato co promotor, que ten concedidas dúas licenzas municipais de construción na zona, unha solución que dea protección ao xacemento e permita a súa conservación e posta en valor. Os nacionalistas lembran que “as ordes de paralización das obras de construción están xa caducadas e non se emitiron novas ordes polo que o promotor podería facer valer os seus dereitos”. Neste sentido o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, lembrou que si o goberno local houbera actuado no seu día con responsabilidade non teríamos hoxe este problema xa que coñecían perfectamente a existencia de restos arqueolóxicos na zona antes de conceder as licenzas xa que así viña recollido no avance do PXOM”. Estúa engadiu que outro dos predios que tamén contiñan importantes vestixios arqueolóxicos, “non puido salvarse da destrución polo incumprimento do goberno local durante días dunha orde de paralización emitida pola anterior Delegación Provincial de Patrimonio”
Os informes instan á continuidade da escavación do xacemento en terreos públicos de Portos do Estado que o BNG levará a pleno
Os informes técnicos emitidos agora, ademais de explicar relevancia do xacemento, fan mención “á posibilidade de ampliar a intervención en terreos de titularidade pública”, en referencia aos terreos de Portos do Estado, “recuperando así un conxunto de notábel interese para a historia antiga e medieval da Mariña Luguesa”. Neste sentido Estúa lembrou que “o BNG xa pediu ao Subdelegado do Goberno do Estado en Lugo e ao Xefe Territorial de Costas nunha recente visita a Cervo, actuacións de recuperación do xacemento en terreos da súa competencia”. Incidindo nesta cuestión o nacionalista anunciou a presentación dunha iniciativa no pleno da corporación de Cervo na que se insta a solicitar ao departamento de Costas a levar adiante actuacións de estudo e recuperación arqueolóxica en terreos públicos en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza.
















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



