CERVO .- Na visita que realizou o martes o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas á comarca visitou San Cibrao “para coñecer da man do alcalde de Cervo, Alfonso Villares, os pormenores do proxecto de construción da nova praza e área de ocio-esparexemento que o consistorio ten previsto iniciar á volta do verán”
Nota de Prensa
HERNÁNDEZ APROVEITOU A SÚA VISITA Á MARIÑA PARA COÑECER OS DETALLES DA FUTURA PRAZA DOS CAMPOS DE SAN CIPRIÁN
* O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, explicoulle sobre o terreo ao titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o proxecto da nova área de ocio e esparexemento
Cervo, 7 xullo de 2010.- Na tarde de onte, trala súa estadía en Xove, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández desprazouse ata a vila de San Ciprián para coñecer da man do alcalde de Cervo, Alfonso Villares, os pormenores do proxecto de construción da nova praza e área de ocio-esparexemento que o consistorio ten previsto iniciar á volta do verán.
Na visita, o conselleiro estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias e do parlamentario mariñán do Partido Popular, José Manuel Balseiro. A construción da nova praza, cuxo nome será “Praza dos Campos”, enmárcase dentro do programa “Hurbe” promovido polo Goberno autonómico. Ten un custe de 1.051.000 euros e o seu financiamento corre ao 100% a cargo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a través de dúas axudas concedidas ao consistorio (de 900.000 euros e 151.000 euros respectivamente).
Alfonso Villares aproveitou a breve estadía do conselleiro Hernández para lembrarlle que o Goberno local pretende “crear un espazo urbano para o uso e goce dos seus habitantes que sexa capaz de axudar a que as xentes de tódalas idades podan relacionarse entre si e contribuír así a mellorar a súa calidade de vida”.
A superficie comprendida polo ámbito de actuación desta nova praza é de 6.470 metros cadrados. A praza, substituirá os edificios e outros espazos que actualmente ocupan a parcela, coa finalidade de que o dito espazo se poidan desenvolver actividades de ocio e espallamento ademais doutras ao aire libre como o mercado semanal, xogos infantís e prácticas deportivas.
A acción consiste no deseño espacial que recolle dúas zonas de arboredos a modo de boulevard, formados por unha aliñación de árbores que se sitúan paralelas aos edificios existentes, xerando un espazo estático destinado ao repouso. Tamén quedará un gran espazo central, localizado entre ambas as aliñacións de árbores, cunha clara vocación dinámica para o desenvolvemento das citadas actividades.
A actuación tamén prevé crear, entre a rúa das Figueiras e a rúa Beiramar, espazos destinados a albergar actividades deportivas, zona de xogos infantís e unha área destinada a albergar 30 novas prazas de aparcadoiro público.
As accións necesarias máis destacables centraranse na execución de pavimentos, utilizando materiais tan diversos como o formigón, asfalto, granito, céspede e grava. Tamén se implantará a rede de saneamento, proxectando un sistema de separativo, mediante a renovación de redes de fecais, que dá servizo á edificación existente tanto na praza como na rúa das Figueiras.
Os traballos prevén a instalación da rede de distribución de auga potable, complentándose con bocas de rega e incendio que sexan necesarias. Tamén se colocará a subministración eléctrica, alumeado público e telefonía.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



