NOTA DE PRENSA
Censura que os nacionalistas pretendan facer “carnaza” dun tema tan serio como é a dificultade pola que podería estar pasando a empresa Cerámica de Sargadelos e que deliberadamente esquezan que a Deputación tamén pode involucrarse na solución
Balseiro resposta ao BNG que o seu compromiso con Cervo e os seus veciños teno demostrado suficientemente agora e no pasado
* OFRECEMENTO: “Estiven, estou, e seguirei estando a disposición dos traballadores, empresa e administracións para todo aquelo que me poidan necesitar”- di Balseiro.
Cervo, 08 de xullo de 2010.- O concelleiro cervense e parlamentario do Partido Popular, Jose Manuel Balseiro, resposta ante as críticas efectuadas polo BNG que o seu compromiso con Cervo, e con todos os seus veciños, teno demostrado suficientemente tanto no pasado, “cando tiña dedicación exclusiva aos asuntos municipais”, como tamén agora “desde as responsabilidades e postos que ocupo neste momento”. Balseiro sinala que así o coñecen e o valoran os propios veciños deste municipio que, pola contra, non teñen a mesma consideración do BNG e do único concelleiro nacionalista local, Xoán Antón Estúa “que nunca nada fixeron por Cervo, salvo prexudicalo e tirar pedras contra o seu propio tellado”
O deputado e concelleiro cervense censura que os nacionalistas pretendan “facer carnaza” dun tema tan serio como é a dificultade pola que podería estar pasando a empresa Cerámica de Sargadelos e sinalan como especialmente grave que o BNG en vez de achegar solucións construtivas decidan facer uso da incerteza sobre o futuro desta compañía e dalgúns dos seus postos de traballo como arma de confrontación política e crítica partidista.
CONFIRMA A POSTA A DISPOSICIÓN
Balseiro quixo insistir unha vez máis na súa posta a disposición dos traballadores, empresa e da administración porque “estou, estiven, e seguirei estando para todo aquelo que me poidan necesitar”. Nesta liña insistiu en que ninguén ten unha barita máxica para aplicar neste tipo de casos e que polo tanto hai que respectar e apoiar ás partes nas distintas negociacións e acordos que estean a desenvolver e, de xeito especial, naqueles que teñan por obxecto salvagardar o interese empresarial e o conxunto dos postos de traballo.
A DEPUTACIÓN DESAPARECIDA
O concelleiro e deputado cervense sinala que o acordo Plenario acadado pola Corporación Municipal de Cervo foi unánime –acordado por todas as forzas políticas- en apoio da empresa e dos seus traballadores e na petición ao conxunto das administracións públicas para que se impliquen en dar unha solución, tendo en conta as características que fan da Cerámica de Sargadelos unha empresa que transcende o ámbito empresarial para constituírse como referente da artesanía galega e parte do patrimonio cultural de Galicia. “Neste esforzo tamén buscábamos a implicación da Deputación e do Goberno central, cuestión que o BNG interesadamente omite, porque só pretende criticar e non asumir as súas propias responsabilidades”


















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



