A R.A.E. define “apelido”, nunha primeira acepción, como o nome de familia co que se distingue ás persoas. A función do apelido é a de servir de complemento ó nome de pía para evitar confusións. Acaso un dos recursos mais antigos fora o uso dalgún apodo ou mote, ademais do nome de nacemento. A fixación dos apelidos comeza coa difusión do uso de documentación legal e notarial a partir da Idade Media. Entre as diversas orixes que pode atribuírse a un apelido está o toponímico; é decir, aquel que se fixa en función da procedencia do individuo. É ésta unha modalidade que ven de moi antigo, pois arredor de medio milenio antes de Cristo poden citarse, por exempro, a Tales de Mileto ou Pitágoras de Samos, ambos nativos dos devanditos lugares, no mar Exeo.
Foi no ano 1991.Un programa moi exitoso de TVE, Tribunal Popular, escenificaba o xuizo a unha causa de especial actualidade.A representación contaba coa presencia de tres prestixosos xornalistas: Xavier Nart, no papel de fiscal; Ricardo Fernández Deu, abogado defensor e Xabier Foz, xuiz e director do espacio, así como un xurado formado por un determinado número de persoas.
Fumos convidado a participar nun deles para o que viaxamos a Sant Cugat del Vallés, en Barcelona, dende onde se emitía o programa e alí tivemos a oportunidade de departir longamente cos tres persoeiros. Confesamos que o noso verdadeiro interese era coñecer a historia do apelido Foz, pois ata daquela non tiñamos noticia da súa existencia; pero a nosa curiosidade non quedou satisfeita, pois o titular do mesmo – o xuiz – só sabía o referente á súa familia e quedounos o desexo de seguir indagando. Non é moito o que logramos saber: sí que é de orixe francés e que o escudo heráldico é simple: en ouro, seis roeles, postos en dous paus e coroado por artístico remate. Sen dúbida a través dos Pirineos chagarían algúns Foz á península, dos que temos localizadas 135 persoas. Obviamente non están todos os que son, pero sí nos da unha pista de por onde andan os de apelido “Foz”. Ningún no Noroeste.
Suso Fernández

















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



