Nota de prensa
INMERECIDA DERROTA DAS RIBADENSES ANTE O FC MEIGAS (2-3)
Coma en ocasións anteriores, sobroulles ás ribadenses a primeira parte. A falta de concentración nos minutos iniciais permitiulles ás visitantes levar os 3 puntos a Ames. No minuto 1, xa perdían as mariñás (0-1) e aínda que Marta igualou o marcador ao minuto seguinte, aínda non se cumprira o terceiro cando de novo se adiantou o FC Meigas. O xerro de auga fría chegou para as locais no último minuto antes do descanso, cando encaixaron o 1-3.![]()
Na continuación, non parecía o Panificadora-Ribadeo FS o mesmo equipo da primeira metade. A presión sobre os seus rivais pechaba a estas nos 9 metros e só conseguían chegar á portería ribadense en contadas ocasións, coa aparición acertada de Carla. Unha e outra vez, os paus en dúas ocasións, falta de acerto a porta baleira e as boas intervencións da porteira visitante, Andreína, privaron as ribadenses dun resultado máis xusto.
Martínez decidiu utilizar a María como porteira-xogadora a falta de cinco minutos. Foron momentos de pleno dominio local con numerosas ocasións que non frutificaban. Tan só Elvira no minuto 38 conseguiu acurtar distancias e subir ao marcador o 2-3, sen tempo para máis.
Próxima xornada. As mariñás mediranse ao CD Riazor FS o domingo 28 (12.00 horas) no pavillón Sagrada Familia da Coruña.
Ficha técnica
Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Vanessa, Marta (1), Sabela, María e Fátima, cinco inicial; tamén xogaron Eva, Elvira (1), Sofía, Arancha, Iria, Yoli e Carla.
FC Meigas: Andreína, Lidia, Xaira (1), Clara (2) e Katy, cinco inicial; tamén xogaron Marta, Sonia e Estefanía.
Árbitros: Andrés Saa Ramos e Luís Menéndez Nistal (anotador), da delegación de Lugo.
Provincial masculina. O Ribadeo FS métese terceiro ao vencer a domicilio por 2-3 ao difícil Taboada. O próximo fin de semana recibirá o pechacancelas, Industrial Recense da Pontenova, no municipal de Ribadeo.
Provincial feminina. O Xoula-Ribadeo FS perdeu por 2-1 na Pastoriza e recibirá o Donapel Monterroso o vindeiro sábado, ás 17.00 horas, na Mariña.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
