Nota de prensa
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA XUNTA DE GALICIA NA CELEBRACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
O vindeiro 25 de novembro conmemórase unha vez máis, en todo o mundo e baixo os auspicios da Nacións Unidas, o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Unha data que serve para reafirmar o noso compromiso coas vítimas desta senrazón que se vive na nosa sociedade e que causa un número de mortes intolerable nunha sociedade avanzada e democrática, e momento no que enviamos unha mensaxe de compromiso na consecución dunha sociedade na que non teña cabida a desigualdade entre mulleres e homes.
A través de diferentes actuacións, pretendemos a sensibilización e a concienciación de toda a sociedade, para que cada un no seu ámbito de actividade e no marco das súas responsabilidades, reflexione sobre a necesidade dun posicionamento claro e decidido en contra de calquera manifestación de violencia contra as mulleres, síntoma da desigualdade que pervive aínda en moitas esferas da vida.
A mensaxe enviada desde a Xunta de Galicia neste 25 de novembro incide na necesidade da denuncia dos feitos violentos, como a única maneira de previr con eficacia, de dar a coñecer a necesidade de apoio por parte da vítima e de castigar o maltratador, pero preténdese tamén animar á eliminación da indiferenza ou da tolerancia cara a un fenómeno do que, pola súa incidencia e por darse en todos os ámbitos da sociedade, moitas veces sabemos máis do que queremos recoñecer. Debemos reprobar con toda contundencia as condutas violentas, apoiar as vítimas e pór o esforzo común na educación das xeracións máis novas, para que, a través da prevención e da formación, sexamos capaces de eliminar esta lacra intolerable.
A Xunta de Galicia quere reiterar o compromiso asumido de traballar intensa e conxuntamente na colaboración interinstitucional, na ampliación da protección das vítimas e na mellora da súa recuperación física, psicolóxica e social, así como na sensibilización de toda a sociedade, moi particularmente da xente máis nova.
O goberno galego quere manifestar o seu apoio aos fillas e fillos das vítimas e ás súas familias, agradecer o traballo desenvolvido polas organizacións civís coas que colabora na tarefa da prevención, a sensibilización e a intervención nos casos de violencia de xénero que se dan, e animar toda a cidadanía a facer da igualdade e do rexeitamento á violencia un dos piares do presente e do futuro de Galicia.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



