Nota de prensa
O EMPECINAMENTO DO SR.VILLARES LEVA AO CONCELLO DE CERVO A ASUMIR UN SOBRECOSTE NAS OBRAS DE SANEAMENTO
O GMS CREE QUE EXISTEN IRREGULARIDADE NAS CERTIFICACIÓNS DA OBRA DO SANEAMENTO EN ESPIÑERIDO
CERVO, 2 DE DECEMBRO. O SR.Villares lonxe de exercer como máximo mandatario do Concello de Cervo intentando resolver as demandas e necesidades do seu pobo dedicase a crealos crispando aos veciños.
O Alcalde iniciou unha cruzada innecesaria cuns veciños tan so por non ter a delicadeza de falar con eles mentres que ditos veciños están intentando defender o que creen que a súa propiedade.
Ditos veciños NUNCA se opuxeron a deixar pasar o saneamento polo que aseguran que é propiedade privada, mostra desto e que no ano 2001 cando se proxectou o saneamento de Tras do Rego no lugar de Espiñerido, o equipo de Goberno do PP en aquel entonces falou cos afectados para que lle permitiran o paso polos seus terreos ao cal os veciños accederon, e curiosamente tamén estaba afectado o camiño que a día de hoxe se discute a súa titularidade.
Cómo se entende que no ano 2001 o PP pida permiso para facer uso de dito camiño e no 2009 o mesmo PP estea a cuestionar a titularidade do mesmo camiño.
A realidade é que a día de hoxe o saneamento esta sen rematar e sen dar un servizo necesario para os veciños que residen no lugar en cuestión e agora plantexa unha expropiación e a realización dun novo proxecto por un importe de mais de 12000€, o que supón un sobrecoste adicional para as arcas municipais é dicir para todos os veciños de Cervo.
Simplemente pola inoperancia e ineptitude dunha persoa que agora mesmo lle preocupa mais o saír airoso dunha situación escabrosa na que el soliño se meteu, que darlle ese servizo básico a unhas vivendas que e o Saneamento.
Por outra banda dende o GMS xa falamos das posibles irregularidades cometidas por parte do Alcalde ao certificar a obra do Plan E do 2009 na súa totalidade sen ter rematado o saneamento ao 100%
Como se pode certificar unha obra na súa totalidade sen un modificado de proxecto, cando menos que nos teñamos constancia e temos revisado tanto os proxectos como as súas certificacións, cando a obra esta sen rematar.



















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



