Nota de prensa
Hernández reitera que nin os pozos propios nin as traídas veciñais terán que pagar o canon da auga
* O conselleiro de Medio Ambiente sinala que, unha vez aplicada a bonificación do 90% a estes usuarios, o canon suporá unha media de 14 céntimos ao mes por persoa (menos de dous euros ao ano), polo que na maior parte dos casos o seu cobro será antieconómico para a administración
* A Lei de Augas tamén contempla que os usos agrarios, gandeiros e forestais, que representan unha elevada porcentaxe de consumo de auga nas traídas veciñais, quedan exentos do pago do canon
* A Lei tampouco esixe para estes casos a obriga de instalar contadores
Santiago, 9 de febreiro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, reiterou esta mañá que os usuarios que teñan captacións propias, como pozos ou mananciais, non terán que pagar o canon da auga. Así mesmo, tal e como establece a nova Lei de Augas de Galicia, aplicarase unha bonificación do 90% ás comunidades de usuarios, tradicionalmente chamadas traídas veciñais, polo que na práctica a maior parte das mesmas tampouco terán que pagar o canon xa que o seu cobro sería antieconómico para a administración.
A modo de exemplo, explicou que unha familia de 3 membros que se abasteza de traídas veciñais e que consuman mensualmente unha media de 5m3 por persoa e mes, co novo canon da auga pagarían 43 céntimos ao mes, é dicir, aproximadamente 5 euros ao ano. Isto supón 14 céntimos ao mes por persoa e menos de dous euros anuais. “Unha cantidade que en moitas ocasións non fará rendible o seu cobro que, en todo caso, se considera asumible”, aclarou.
Hernández destacou que a bonificación que establece a nova Lei de Augas de Galicia para os usos domésticos con captacións propias e para as traídas veciñais obedece ao recoñecemento do gran esforzo que os habitantes do rural deberon afrontar de cara a dispoñer dun servizo tan elemental como é a auga que, por razóns de diversa índole, as administracións non foron quen de proporcionarlles.
Lembrou que a Lei de Augas tamén contempla que os usos agrarios, gandeiros e forestais, que representan unha elevada porcentaxe de consumo de auga nas traídas veciñais, quedan exentos do pago do canon.
Polo tanto, aínda que non existe unha exención expresa na Lei para os pozos particulares ou comunidades de usuarios, a configuración do propio tributo fai que, na práctica, estes usos estean “exentos” do pagamento do canon da auga, por representar un importe cuxa esixencia resultaría un custo superior para as arcas públicas do que se percibiría da súa repercusión.
Deste modo, a Lei dálle cumprimento ao mandato da Directiva Marco da Auga do establecemento de instrumentos financeiros vinculados á recuperación de custos no ciclo da auga e, por outra parte, libera aos usos domésticos con pozos propios do pagamento do canon da auga.
Aclarou que a Lei de Augas tampouco esixe para estes casos a obriga de instalar contadores. Dado que a realidade galega no rural é que non haxa contadores instalados, a propia Lei permite a posibilidade de determinar o canon da auga por métodos de estimación obxectiva.
A este respecto, a Lei de Augas de Galicia establece que nos usos domésticos que non teñan instalados o contador, a base impoñible (é dicir, o volume de auga consumido) determinarase a partir dos volumes de dotación básica de auga para vivendas que se establezan nos regulamentos que desenvolverán a Lei.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_c0aE&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_c0aE_content=%2Fopencms%2FPortal-Web%2FContidos%2FNovas%2Fnova_estandar10694.html


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



