Persoas afectadas polo Plan Emprega crearon unha campaña na rede social Facebook para “denunciar a cacicada que se fixo no proceso de selección”.
Desconformes co Plan Emprega crean unha campaña en Facebook
Persoas afectadas polo Plan Emprega crearon unha campaña na rede social Facebook para “denunciar a cacicada que se fixo no proceso de selección”.
Tivo lugar este luns na Casa do Mar como peche da programación do Concello de Cervo polo Samaín. As crianzas desfrutaron moito trazando ás súas personaxes favoritas.
A entidade presentou hoxe a iniciativa nun acto no que participou a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López. As bases establecen tres categorías: ao mellor proxecto emprendedor -que leve como máximo 42 meses en marcha-, á mellor empresa, e ao mellor proxecto empresarial situado no rural. As persoas interesadas en inscribirse teñen de prazo desde hoxe ata o 28 de novembro.
Pódese axudar entregando: Auga embotellada, leite, alimentos non perecedoiros e artigos de limpeza persoal nos puntos de recollida habilitados na Casa do Concello e na Casa da Cultura (en horario de mañá).
O próximo martes, ás 20h, na Biblioteca Municipal de Viveiro, presentarase o número 189 do Terra e Tempo dedicado á primeira gran organización de masas do nacionalismo, a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), que durou desde 1975 até 1982, cando se convertiu no BNG actual. Falarña desta etapa da nosa historia Francisco Luís Rodríguez Guerreiro e Néstor Rego Candamil, dúas persoas que a viviron en primeira persoa, aínda que con distintas idades. "Existimos porque houbo un tempo pasado no que tivemos vontade de ser".
Os/as pequenos/as da Escola Infantil Municipal defrutaron tamén da súa Festa de Samaín terrorificamente caracterizados para a ocasión.
A FEMP, Federación Española de Municipios e Provincias, traslada a petición da Federación Valenciana de Municipios, na que solicita que os concellos que queiran colaborar cos afectados pola DANA recollan auga, leite, alimentos non perecedoiros e produtos hixiénicos. "Se queres axudar, deposita no carro solidario a túa aportación". Os supermercados de Burela xa incluidos na campaña son Eroski Center, Alcampo, Eroski City, Claudio e Froiz. Iranse unindo os próximos días máis supermercados da vila
O vindeiro mércores día 6 de novembro, a libraría Bahía acolle a presentación da Guía micolóxica básica da provincia de Lugo. En colaboración coa Asociación Os Bolouros de Foz e a Asociación Micolóxica Lucus de Lugo. Estarán tamén os autores da publicación. Trátase dunha guía sinxela para poder identificar con claridade as especies de cogomelos que podemos encontrar na nosa provincia, moi interesante, por tanto, tanto para quen xa son afecionados á identificación de fungos, coma para quen queren introducirse neste apaixoante mundo.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital