Nota de prensa
O Observatorio da Mariña pola Igualdade denuncia que no Hospital da Costa as mulleres non teñen garantido o dereito á interrupción voluntaria do embarazo
O Observatorio da Mariña pola Igualdade denuncia que o Hospital da Costa non está a realizar ningunha interrupción voluntaria do embarazo (IVE), a pesar da entrada en vigor en xuño do pasado ano da Lei Orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo 2/2010 de 2 de marzo 2010. Esta información foi corroborada pola dirección médica do centro hospitalario mariñán. A mesma situación é a habitual en todos os hospitais públicos da provincia de Lugo, e contrasta coas boas prácticas que se levan a cabo noutros hospitais do SERGAS, como os de Vigo ou Ourense, onde si se practican este tipo de intervencións reguladas por unha lei estatal aprobada hai xa máis de un ano.
No contexto comarcal, e segundo manifestaron ao Observatorio algunhas das demandantes desta intervención, a tendencia habitual é que cando unha muller acode ao COF de Burela porque desexa interromper un embarazo, e cumpre con todos os requirimentos contemplados na lei, desde o COF derívase á muller a unha clínica privada da Coruña coa que o SERGAS posúe un concerto. Deste xeito, a secuencia dunha muller que queira interromper un embarazo na provincia de Lugo é, en primeiro lugar, acudir ao COF de referencia, onde lle entregan un sobre que contén información sobre o IVE e sobre as prestacións que a Xunta lle ofrece en caso de non abortar. Despois dos tres días que a muller debe tomar para meditar sobre a súa decisión, dáselle cita de novo. Nesta segunda visita, se a muller confirma a súa decisión de interromper o embarazo, ten que asinar unha autorización. En terceiro lugar, a muller ten que ir do COF á inspección médica, indícanlle a clínica privada á que ten que acudir, e cúrsanlle unha orde de asistencia para que na clínica privada non lle cobren. A muller deberá despois acudir a esta clínica da Coruña. Ás dúas semanas, citarana para unha revisión na consulta de xinecoloxía no COF.
Discriminación das mulleres
Estas prácticas deixan ás mulleres da Mariña, e da provincia de Lugo en xeral, nunha situación de discriminación, xa que se lles obriga a desprazarse á Coruña, co esforzo económico e de tempo que iso supón, máxime no caso de mulleres que teñan que facer uso do transporte público. Estaríanse deste xeito a vulnerar as disposicións xerais do Real Decreto 831/2010, de 25 de junio, de garantía de la calidad asistencial de la prestación a la interrupción voluntaria del embarazo, que no seu artigo 1 contempla a garantía a todas as mulleres por igual do acceso á prestación sanitaria da interrupción voluntaria do embarazo, con independencia do lugar onde residan.
Cartos públicos para clínicas privadas
Este comportamento irresponsábel tamén ten efectos nefastos sobre toda a poboación, xa que se lle está a pagar con cartos públicos ás clínicas privadas para que realicen unhas intervencións que deben estar incluídas na carteira de servizos que marca a lei. Trátase dun comportamento irresponsábel que leva ao enriquecemento das clínicas privadas en detrimento da sanidade pública.
Desde o Observatorio denúnciase que esta situación leva ao absurdo de incorrer nun dobre gasto: págaselle ao persoal médico da sanidade pública o seu soldo íntegro (pese a non desempeñar todas as funcións que a lei marca) e a maiores págaselle ás clínicas privadas para que fagan un traballo que os propios centros hospitalarios públicos inclúen na súa carta de servizos. Isto resulta especialmente chocante e contraditorio coas políticas de aforro, austeridade e contención do gasto público tantas veces anunciadas polas distintas administracións estatais e autonómicas.
A posición do Observatorio é que un bo xeito de aforrar gastos innecesarios é garantindo o dereito ao aborto na sanidade pública nos termos que marca a lei, sen ter que pagarlle a clínicas privadas e dificultarlle a vida ás mulleres que teñen que ausentarse do traballo varios días e desprazarse polos seus propios medios á Coruña.
Por todo o anterior, desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade esiximos a asistencia das mulleres dentro do hospital público da Mariña de xeito que todas as mariñás, lucenses e galegas teñan garantido o dereito a decidir interromper un embarazo na rede sanitaria pública – en cumprimento da Lei estatal que leva xa máis dun ano aprobada e case un ano en vigor – sen riscos para a súa saúde e sen ter que destinar cartos públicos ao enriquecemento das clínicas privadas.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



