Nota de prensa
NOTA DE PRENSA DO GOBERNO MUNICIPAL DE MONDOÑEDO
Ante as novas aparecidas nos medios de comunicación en relación coa situación contable do concello e o posterior comunicado do PP instando á demisión do Alcalde e insinuando a súa ignorancia sobre a situación, o goberno municipal considera procedente aclarar:
1.- Que a contabilidade non este ao día e persista unha situación histórica de retraso nos traballos de actualización da mesma non quere decir que non se faga ou exista contabilidade no concello de Mondoñedo.
2.- O PP sempre foi coñecedor da situación económica e contable deste concello desde o primeiro momento porque foron eles os causantes da mesma (incluida a súa actual portavoz como integrante do goberno municipal do mandato 2003-2007); polo que simular agora descoñecemento non deixa de ser un claro exercicio de hipocresía.
Compre lembrar que cando no ano 2007 toma posesión o novo goberno municipal a contabilidade do exercicio 2005 estaba sen pechar e a dos exercicios 2006 e 2007 sen abrir.
3.- O goberno presidido polo actual Alcalde M.Orlando González Cruz fixo un esforzo por avanzar na actualización contable como o demostra o feito de ter aprobado e presentado as contas xerais correspondentes aos exercicios 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009 ( en catro anos fixoxe a contabilidade de cinco exercicios ). Esforzo que na actualidade ten a súa continuidade cos traballos correspondentes á contabilidade do exercicio 2010 e que estamos dispostos a intensificar e reforzar para solventar o histórico retraso na contabilidade municipal.
4.- O reparo de intervención de xaneiro de 2011 ao falar das débedas reclamadas polas empresas e relativas todas elas a inversión, dí que contaban no seu día con financiación afectada na maior parte da súa cuantía, sendo a mesma subvencións e operacións de crédito a longo prazo. Neste senso a secretaria-interventora fai constar o “ descontrol absoluto que EXISTIU “ ( non que existe) sobre a xestión de ditos ingresos afectados, puidendo constituir, ao seu xuizo, un alcance de fondos públicos por parte dos responsábeis da execución dos orzamentos dos exercicios nos que se inluiron tales investimentos. É DICIR, QUE AS POSIBEIS RESPONSABILIDADES CORRESPONDERIAN AOS INTEGRANTES DOS ANTERIORES GOBERNOS DO PP.
5.- O reparo de 11 xaneiro de 2011 efectúase á totalidade das fases do gasto para o exercicio económico do 2011 en base á insuficiencia ou inadecuación de crédito para satisfacer os diversos gastos. Insuficiencia que se presume ao inicio do exercicio cando as partidas orzamentarias están prácticamente intactas.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



