Hoxe ás 11 h. na Biblioteca do IES Perdouro presentáronse os IV Encontros de Banda Deseñada da Mariña, uns encontros que comezaron no ano 2009 e que teñen dous obxectivos básicos:
por un lado, a posta en coñecemento do apaixoante mundo do cómic
e, por outro, dinamizar a vida da Biblioteca, xa que o cómic é un bo recurso para fomentar a lectura entre o máis novos. A adquisión de moitas obras novas para os fondos da Comiteca posibilita a consulta e a lectura de calidade, o que fai que o noso alumnado mostre interese por este tipo de obras.
Nesta edición dos Encontros, como en anos anteriores, adicamos tres meses (dende hoxe, coa inauguración, ata finais de marzo) a esta tipoloxía de narrativa a través de OBRADOIROS de guión, de iniciación á BD, de caracterización de personaxes de cómic, de bonecos… e, tamén, EXPOSICIÓNS. Por exemplo, citar que xa teñen pasado en anos anteriores por estes Encontros artistas da categoría de Miguelanxo Prado, Manel Cráneo, Carlos Portela, Kiko da Silva ou David Rubín, entre outros.
Durante estes tres meses que hoxe iniciamos, o Instituto transfórmase: as aulas, as paredes, as ventás… todo serve de soporte para os debuxos dos rapaces que decoran todo o centro coas súas personaxes preferidas.
Outra das actividades habituais dos Encontros é a proxección de películas e curtas de animación. Así, os rapaces poden acceder a películas ás que, doutro xeito, lles resultaría difícil achegarse. Este ano proxectaremos: “La chica que saltaba a través del tiempo”, “X-Men primera generación” e “Scott Pilgrim contra el mundo”.
Ademais de todas estas actividades, os Encontros de BD na Mariña convocan un concurso de creación de BD en tres categorías: ata 13 anos, de 14 a 18 anos e unha categoría aberta. As bases deste concurso pódense consultar no propio blogue dos Encontros (bandadesexada.blogspot.com). Asimesmo, os Encontros contan cunha revista propia, chámase “Banda Desexada” e hoxe presentamos tamén o nº 3 que vimos de editar e nel aparecen os cómics dos primeiros e segundos premios da anterior edición, entrevistas…
Para rematar, queremos agredecer a axuda que para estas actividades recibimos do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Instituto e tamén do Concello de Burela, así como a colaboración de todo o profesorado e alumnado que participa nelas.


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



