Nota de prensa:
O PP REXEITA EVITAR O PECHE DA EMPRESA ECAR DE MONDOÑEDO, E IMPULSAR UN PLAN DE DINAMIZACIÓN ECONÓMICA DA COMARCA DA MARIÑA DE LUGO
-O portavoz de Industria e Innovación do Grupo Socialista Jose Luis Mendez Romeu afirma que a día de hoxe o Goberno de Feijoo “non ten ningún compromiso concreto con Mondoñedo, para reactivar a súa económica e o emprego na Comarca”
-Sobre o Plan Reimpulsa-Lugo co que a Xunta promete emprego nesta provincia, cualifica este proxecto “como un erial pomposo, baleiro de contido e sen propostas concretas para os cidadáns”
-Dixo dixo que a cidade de Mondoñedo asiste impotente a un proceso de liquidación da súa capacidade de supervivencia laboral e socioeconómica, ante a impasibilidade do Goberno de Feijoo
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2012.O portavoz de Industria e Innovación do Grupo Socialista Jose Luis Méndez Romeu interveu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento, mediante unha proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo desenvolver tódalas actuacións necesarias para evitar o peche da empresa ECAR en Mondoñedo. E reclamou ademais realizar un Plan de dinamización económica da Comarca da Mariña Lucense, dando participación aos concellos e axentes sociais desta Comarca. A proposta foi rexeitada polo PP.
Explicou que a empresa Aglomerados ECAR, na que traballan 62 persoas, asentada na cidade de Mondoñedo (lugo), leva anos instalada na Comarca e realiza estruturas de madeira. A dirección da dita empresa comunicou hai dúas semanas a decisión irrevogábel de pechar a dita fabrica a partir do día 1 de marzo do 2012.
Argumenta que dende o ano 2005 a empresa ECAR é unha empresa propiedade de FINSA que a adquiriu e a reflotou no ano 2005 cando atravesaba unha moi difícil situación económica. Esta decisión foi unha sorpresa para o conxunto dos traballadores porque segundo os datos que manexan eles e que trasladaron aos directivos da empresa, o rendemento laboral de dita fabrica cumpría amplamente co esixido pola empresa nestes momentos de crise, moderación salarial, rendemento laboral, etc.
Advirte que si finalmente se produce o peche desta empresa “será unha moi mala noticia, non só para os traballadores e para o Concello de Mondoñedo, senón tamén para o emprego e a dinamización da Comarca da Mariña Lucense”.
Afirma tamén que a empresa propietaria de ECAR, FINSA, segundo os propios datos que a empresa lle entregou ao Comité de Empresa de ECAR, ten beneficios empresariais.
Desertización industrial
Na súa intervención dixo que a cidade de Mondoñedo asiste impotente a un proceso de liquidación da súa capacidade de supervivencia laboral e socioeconómica, ante a impasibilidade do Goberno de Feijoo. Sinala que esta cidade vive un proceso “acelerado” de desertización industrial.
Beneficiaria do concurso eólico
Méndez Romeu advirte tamén que a empresa FINSA foi beneficiaria do concurso eólico galego polo cal ten que implantar producción eólica e realizar proxectos industriais, pero replica que “sucede o contrario”. Lembra que ten unha carteira de clientes importantes, e que non se atopaba en situación de quebra.
Por todo isto o deputado socialista demandou do Goberno de Feijoo “corrixir esta situación”. E insistiu “o Grupo Socialista quere saber que esta disposto a facer o Goberno de Feijoo para impedir en Mondoñedo a desaparición de 62 postos de traballo”.
Ademais aludiu as distintas manifestacións que viviu a cidade protestando polo peche desta empresa “houbo un peche total pola anguria, e polo futuro que se presenta como catastrófico, nesta Comarca”.
Sobre o Plan Reimpulsa-Lugo co que a Xunta promete emprego nesta provincia, cualifica este proxecto “como un erial pomposo, baleiro de contido e sen propostas concretas para os cidadáns”. Asegura que das xestións do Goberno de Feijoo en Lugo “solo hai peches dos empregos consolidados, e mentres a Xunta asiste impotente ante esta situación”.
Sobre os datos de Producción Industrial, feitos públicos hoxe, constatan que Galicia é a segunda Comunidade que lidera a caída do Índice de Producción, quedando moi afastada da media do Estado. Afirma que os datos sinalan que en Galicia “so medra o desemprego”. Por iso pregunta que fixo o Goberno de Feijoo despois de 3 anos “para reactivar o emprego, e en materia de industrialización”, espetou.
Por ultimo afirma que a día de hoxe o Goberno de Feijoo “non ten ningún compromiso concreto con Mondoñedo, para reactivar a súa económica e o emprego na Comarca”.


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



