A Deputación impulsa a economía sostible e o Camiño cun programa de termalismo para lucenses maiores de 50 anos
– Gómez Besteiro asinou o convenio que pon en marcha o programa Km0 Balnearios no Camiño, que favorece o acceso dos maiores a programas de saúde e benestar nos balnearios da provincia
– O termalismo ten un gran peso específico no sector turístico lucense, recibindo unha media de 120.000 usuarios ó ano, o que o converte nun importante factor de crecemento económico
– Os lucenses maiores de 50 anos e os seus acompañantes poderán beneficiarse de descontos de 43 euros nos balnearios de Lugo, Pantón, Guitiriz e Palas de Rei dende xuño a decembro
– Os interesados poderán inscribirse por Internet, a través da web www.deputacionlugo.org, ou de xeito presencial no Rexistro do Pazo de San Marcos a partir do mércores 23 de maio
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e os representantes dos Balnearios Río Pambre, Termas Romanas de Lugo e Balneario de Guitiriz, Antonio Freire Magariños, Antonio Garaloces Paz e María Dolores Pereiro Acevedo, respectivamente, asinaron esta mañá un convenio de colaboración co que a institución provincial pon en marcha Km0 Balnearios no Camiño, un programa de termalismo que a Deputación pon en marcha por segundo ano consecutivo tras o éxito acadado a tempada pasada, durante a que máis de 1.000 lucenses accederon ás prazas dispoñibles nos catro balnearios lucenses. Ós beneficiarios deste programa facilítaselles o acceso ós tratamentos termais que ofrece a provincia, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida ó tempo que potencia a dimensión económica da riqueza medioambiental da provincia, en particular das súas augas mineromedicinais. Km0 Balnearios no Camiño ofrece un total de 1.400 prazas nos balnearios lucenses dos Concellos de Lugo, Pantón, Palas de Rei e Guitiriz, das que se poderán aproveitar os lucenses maiores de 50 anos entre os meses de xuño e decembro.
Gómez Besteiro destacou que “pensamos no benestar e na saúde dos nosos veciños, pero tamén no impulso de iniciativas como o termalismo, que contribúe a reactivar a economía da provincia, propiciando factores de crecemento como a desestacionalización do turismo”. Precisamente este impulso económico do turismo e da riqueza medioambiental da provincia, tal e como subliñou o máximo responsable provincial, “ofrece unha nova fórmula para a modernización e mellora da calidade de vida do medio rural, para a creación e mantemento de postos de traballo e, en consecuencia, a fixación de poboación no rural”.
O termalismo, sector en auxe
Este programa de termalismo ten entre os seus obxectivos a potenciación dos recursos naturais, en particular das augas mineromedicinais. O sector do termalismo atrae cada ano a máis usuarios interesados nos beneficios que, para a saúde e o benestar, ofrecen os centros termais. Segundo os datos manexados polo “Observatorio Nacional del Termalismo y Desarrollo Rural”, a comunidade galega é a primeira potencia española en oferta termal, por número de centros e pola calidade dos mesmos. O chamado turismo de saúde ten un importante peso específico dentro do sector, representando preto do 11% do PIB da comunidade.
A provincia de Lugo conta con catro balnearios que destacan polo interese medicinal das súas augas e pola calidade das súas instalacións hoteleiras, os cales acollen, de media, a 120.000 persoas ó ano. Ademais, o feito de que estes balnearios estean na zona de influencia dos Camiños Xacobeos Primitivo, Francés e de Inverno ó seu paso por Lugo, favorece a posibilidade de dar a coñecer a riqueza e recursos naturais, culturais e paisaxísticos da provincia. A afluencia de usuarios destes centros termais favorece á hostalería e a outros sectores estratéxicos para o tecido socioeconómico de Lugo, como o comercio, a artesanía, ou a actividade agroalimentaria, pois os visitantes comen en restaurantes da zona, consumen produtos autóctonos e visitan os museos e o patrimonio paisaxístico, cultural e arqueolóxico dos Concellos nos que atopan estes centros e, por extensión, os do resto da provincia.
Descontos de 43 euros por persoa en 1.400 prazas
O programa de termalismo da Deputación ofrece descontos de 43 euros por persoa dende o 1 de xuño ó 31 de decembro nos seguintes paquetes de prestacións:
6 días con 5 noites de estancia
5 pensións completas
Día de entrada (domingo): incluídos cea e aloxamento
Día de saída (venres): incluídos almorzo e comida
10 técnicas de balneario
1 recoñecemento médico á chegada
De luns a xoves: programa de animación sociocultural
Km0 Balnearios no Camiño ofrece un total de 1.400 prazas distribuídas do seguinte xeito: 240 prazas no Hotel Balneario&Golf Resort de Guitiriz, 230 prazas no Hotel Balneario Río Pambre, 760 en Oca Augas Santas Balnearios Golf&Resort e 170 no Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas. Cada beneficiario poderá acudir cun acompañante, que poderá participar no programa aínda que non cumpra os requisitos de ter máis de 50 anos e estar empadronado na provincia.
O prazo para presentar as solicitudes de inscrición dá comezo o mércores 23 de maio, e os interesados en participar poderán formalizar as súas inscricións a través de Internet, visitando a páxina www.deputacionlugo.org ou ben de xeito presencial no Rexistro provincial, ubicado no Pazo de San Marcos.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



