HOXE ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERÁN 2012 QUE ORGANIZA O CONCELLO DE RIBADEO. ESTÁN DESTINADAS AOS NENOS E NENAS NACIDOS ENTRE 1997 E 2004 E ESTE ANO OFÉRTANSE: PESCA DEPORTIVA, VELA, SURF E PIRAGÜISMO.
Ribadeo, 16 de maio de 2012. Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas de verán que organiza o Concello de Ribadeo e que están dirixidas a rapaces e rapazas nados entre 1997 e 2004.
![]()
Neste 2012 ofértanse: pesca deportiva, vela, surf e piragüismo. A escola de pesca deportiva desenvolveráse do 2 ao 28 de xullo, os luns, mércores e sábados de 10 a 14 horas. O número de prazas é de 15.
A escola de vela será do 26 de maio ata o 4 de agosto, os sábados de 10 a 14 horas ou de 16 a 20 horas. Tamén neste caso o número de prazas que se ofertan é de 15. A escola de surf terá lugar durante os meses de xuño e xullo. En xuño desenvolveráse os martes, mércores e xoves de 16 a 18 horas e en xullo será do 2 ao 13 de luns a venres en horario de 16 a 18 horas. As prazas que se ofertan son 20.
E a escola de piragüismo serán en xullo e en agosto, os luns e mércores de 16:30 a 19 horas. O número de prazas que se ofertan é de 20.
As inscricións poden realizarse na Casa da Xuventude de luns a venres de 9 a 14 horas e tamén os martes, xoves e venres de 16 a 20 horas. Os interesados poden obter máis información das escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo dirixíndose ao teléfono 982 129 889. O prazo de matrícula estará aberto ata o inicio da escola ou ata que se esgoten as prazas ofertadas. A cota total ascende a 40 euros. Terán preferencia para participar na escolas deportivas de verán os empadroados/escolarizados en Ribadeo.
Desde o Concellaría de Deportes lembran que o pagamento da taxa deberá facerse efectivo na conta corrente do Concello no Banco Gallego antes do comezo da escola. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na oficina de deportes o una OMIX. A falla do ingreso implicará a baixa na/s escola/s.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
