GONZÁLEZ BARCIA DEFENDE O TRABALLO E ADICACIÓN DE TODO O SEU EQUIPO. O ALCALDE ASEGUROU QUE OS SOLDOS LÍQUIDOS DAS TRES ADICACIÓNS EXCLUSIVAS DO PP SAENLLE MÁIS BARATOS AO CONCELLO QUE AS DÚAS E MEDIA DO BIPARTITO, “AFORRAMOS 700 EUROS AO MES”. E ACUSOU A ALFREDO LLANO DE PARECERSE A UN CANTAMAÑANAS POLÍTICO POR NON SER CAPAZ DE FACER OPOSICIÓN RIGUROSA.
Burela, 28 de maio de 2012. O alcalde de Burela e presidente do PP local, José María González Barcia, manifestou hoxe que “en materia de sueldos, o Concello aforra co goberno do PP un total de 700’59 euros líquidos ao mes con respecto ao que se gastaba durante a etapa do bipartito, traballando máis horas ca eles. Quen gastou máis de cen millóns das antiguas pesetas en farolas, e quen hipotecou a economia municipal, non é quen para dar leccións de aforro económico”. Deste xeito o rexedor sae ao paso das críticas verquidas esta fin de semana desde as filas socialistas.
José María González Barcia foi moi claro, “eso que o PSOE chama premio do sorteo millonario das adicacións é como sigue: o señor Fernández Valle cobra un soldo líquido de 1.194’20 euros ao mes por oito horas e media diarias de traballo. O sorteo millonario do bipartito era así: o soldo líquido de Alfredo Llano era de 2.436’65 euros ao mes por oito horas diarias. E a tenente de alcalde anterior, 2.233’11 euros ao mes por oito horas diarias. Remedio López primeiro, e logo Lucía Bouza percibía 659’61 euros líquidos ao mes por tres horas diarias de traballo”.
O rexedor dixo que “si falamos de totales, o sorteo millonario do bipartito era de 5.329’37 euros líquidos ao mes por dúas adicacións e media e dezanove horas diarias de traballo. O sorteo millonario do goberno do PP é de 4.628’78 euros líquidos ao mes para tres adicacións exclusivas por vintecinco horas e media diarias”. O alcalde considera que estes datos, obrantes na Intervención Municipal, “son suficientemente claros e elocuentes” e lembra que “o PP, durante o bipartito, nunca cuestionou a existencia de adicacións exclusivas e parciais. Pero eles facían dezanove horas diarias e nós facemos vintecinco e media. Por eso, estou seguro de que Llano non aceptaría unha adicación exclusiva de oito horas e media diarias co soldo do señor Fernández Valle”.
González Barcia sae así ao paso da nota de prensa emitida polo PSOE, e engade, “cando un partido acusa a outro de cobrar sen merecelo, e descalifica aos concelleiros tachándoos de inútiles e de absentistas, hai que dar a cara, e poñer nome e apelidos para asinar as notas de prensa, que é o que estou facendo eu agora como alcalde e como presidente local do meu partido. Por eso, supoño que o responsable da nota socialista é o secretario xeral e actual portavoz, Alfredo Llano, que nun acto de cobardía persoal e política non é capaz de asinar co seu nome a nota de prensa socialista. Cousa que non nos sorprende porque xa o ten feito máis veces, o que demostra a auténtica catadura persoal deste individuo, parece unha ovelliña pero resulta ser un felino”.
O rexedor burelés foi máis aló, “non vou permitir que este señor, nin ninguén do PSOE, poña en dúbida a capacidade de traballo do meu equipo usando adxectivos claramente ofensivos. Todos e cada un dos membros do meu equipo, teñan ou non dedicación exclusiva, dedícanlle moitas horas ao Concello e polo tanto defendo o seu traballo e a súa xestión, cos seus acertos e cos seus erros, que de todo hai porque somos humanos e non somos infalibles. Pero como quen busca guerra acaba tendo guerra, teño que decirlle a Llano que, por exemplo, nun ano o Sr. Fernández Valle foi capaz de poñer ao servicio de todos os cidadáns tres solares, catro mil metros cadrados, para novos aparcamentos gratuitos; en catro anos Llano non fixo ningún, cero metros cadrados, e cando un establecemento privado fixo un, resulta que o quería investigar”. González Barcia puxo outro exemplo significativo, “nun ano, o Sr. Fernández Valle, xunto coa Sra. Durán García, teñen pintado máis aparcamentos para discapacitados e zonas de carga e descarga que fixo Llano en catro. Por certo, sobre o parque teño que dicirlle que hai solicitada unha subvención para facer reparacións no mesmo”.
“E todo esto sen contar as horas que nos levou poñer ó día a desastrosa situación económica que nos deixou o bipartito que presidía Alfredo Llano”, seguiu a explicar José María González Barcia.
O alcalde de Burela indicou que “esto demostra quen traballa realmente. No primeiro ano do mandato municipal anterior, o PP, con seis concelleiros, tiña presentado en pleno máis de trinta iniciativas a través de mocións; no que vai do actual mandato municipal, o PSOE, con cinco concelleiros, só leva presentadas dúas. Esto quere decir que Alfredo Llano segue sendo un vago, como fixo nos catro anos anteriores, decíndolle sempre que sí aos veciños e logo non facendo nada. Agora, desde o PP, ademais de traballar bastante máis có bipartito, ós veciños dicéselles a verdade, sexa cal sexa”.
Ademais, segundo González Barcia, “Llano mesmo é a viva mostra da inutilidade e da mentira, inútil porque a súa labor de oposición durante este primeiro ano é nula, e mentiroso porque fala de premio millonario das tres adicacións, como si os que temos adicacións exclusivas nos estivésemos forrando, o que me leva a pensar que este home como levaba tanto tempo calado algo tiña que decir, ainda que diga cousas máis propias dun cantamañanas político que dunha persoa que tivo presuntas responsabilidades de goberno”.
Finalmente, o alcalde pídelle a Llano que “actúe con rigor e seriedade e faiga auténtica oposición; do contrario, se busca guerra, seguro que a encontra, porque nin eu, nin o PP, nin o meu equipo, nos vamos quedar calados, debería de sabelo, ante descalificacións e mentiras intolerables, que mesmo chegan a sementar dúbidas sobre nós mesmos como persoas”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



