Despois de ler a nota de prensa do Sr. Barcia neste medio, non podo menos que
avergonzarme de que unha persoa así represente ó meu concello. Demostra
moi poucos recursos para defenderse cando ten que recorrer ó insulto e á
mentira.
Dende que empezaron a gobernar este Concello fai agora un ano o único que
sufrimos foi recortes e non se viu ningún proxecto ilusionante. Si calquera
veciño fai unha análise verá que o presuposto que se manexa é moi similar
ó que manexaban antes, pero hai unha diferencia, agora apagáronnos as
luces, xa non se arranxan as rúas, non se lle presta atención ó parque
onde xogan os nosos nenos, os nosos maiores quedaron sen locais onde
reunirse, os clubes deportivos quedaron sen axudas, este nadal Burela foi o
pobo máis triste da comarca, xa non podemos desfrutar do teatro, os nosos
xardíns xa non existen, perdemos servicios sociais, polas festas os nosos
nenos xa non poden desfrutar das colchonetas, etc, etc, etc. Entón en que se
están a gastar agora os cartos?.
O Sr. Barcia xustifica a adicación exclusiva dun concellal por facer catro
prazas de aparcamento, copiando a idea do anterior goberno que xa fixera
varias prazas en solares, non se lembra o Sr. Barcia que cando estaba na
oposición restaba toda a importancia a estas prazas e o único que pedía era
o aparcamento subterráneo, agora xa se esqueceu.
Tamén xustifica a adicación con catro prazas de minusválidos que pintaron,
non se dan conta que o fixeron co presuposto que deixaron os anteriores con
diñeiro da Deputación, e tampouco recorda que os anteriores quitaron moitas
barreiras arquitectónicas. En definitiva, nada novo.
Xustifícanos as tres dedicación exclusivas no prezo que paga o Concello
por elas, outra mentira, non saen para nada máis baratas, todo ó contrario,
o que non di é que ó soldo neto que cobra cada un, hai que engadir o que se
paga a Seguridade Social ou a Muface, neste caso págase por unha adicación
a Muface e polas outras dúas á Seguridade Social que sae máis cara, antes
pagábase dúas a Muface e media á Seguridade social, polo tanto si se suma
o total sáenos máis caro agora.
Xustifica o gran traballo que el fixo na oposición cas mocións que
presentou, o que non di, é que antes os plenos eran mensuais, e ágora son
cada dous meses, tampouco di que nos últimos meses so houbo plenos
extraordinarios, e nestes plenos a oposición non pode presentar nin mocións
nin preguntas.
Nótase neste señor unha rabia desmesurada hacia calquera que cuestione a
súa labor, mellor dito a súa falta de labor, demostrando así unha
mentalidade totalmente dictatorial.
De tódolos xeitos a ningún veciño lle sorprende esta actitude coñecendo ó
actor.
ACM


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



