Nada mais acceder á alcaldía (1958), Pepe Beltrán encargou ó concelleiro de Deportes, Damián Fdez. Naray, a formación de tres ou catro equipos de fútbol, pois desde había uns anos non se practicaba na vila o deporte-rei; organizar unha liguiña entre eles, coa encomenda de seleccionar ós mellores xogadores para nutrir as filas do que sería o equipo titular do pobo e tamén facer as xestións oportunas para conseguir da Fundación Martínez Otero a cesión dun terreo que levaba tempo a barbecho, no que se envorcaba o lixo. As mesmas deron froito e dende entón o campo está ó dispor do clube. A inauguración foi o 18 de xullo de 1960 e os estatutos aprobados un ano despois. Pepe Martínez, tesoreiro, home de gran valía, polifacético, diseñou o escudo do que aínda hoxe e o seu logotipo. Os fecegos/as identificáronse de contado co que significaba unha ilusión colectiva, e así naceo o C.D.Foz, que leva medio século escribindo a súa historia, con páxinas ledas unhas e magoentas outras, como non pode ser doutro xeito, pero historia ó fin. A maior proeza rexístrase o ano 1962 (son pois as “vodas de ouro”) ó gañar por 0-4 ó Arenteiro, no Carballiño, en partido da liga, decisivo para o ascenso a 3ª división. O Foz alineara así: Roca, Leitón II, Lestegás, Minguín, Telmo, Saros, Quique, García, Santiago, Canducho e Mageo. Ó seguinte día a “Hoja del Lunes”, da Coruña, proclamaba en titulares “El C.D. Foz asciende a 3ª división, con todo merecimiento; No se recuerda tanto público en el campo del Arenteiro”.
Era o 22 de xullo. Festa do Carme en San Martiño. Cando a orquestra anunciou o resultado do partido, produciuse un delirio colectivo e os coches particulares (media ducia?) e as motos saíron de estampía a recibir no camiño ós heroes autores da fazaña…
Comenzaba unha xeira na nova categoría que durou tres tempadas, afrontando graves problemas económicos pois ós gastos tan gravosos para unha economía tan débil, no caso de Foz engadíase, con respecto ós demais equipos participantes, o maior custo dos desprazamentos, pois éstes, excepto a Monforte, eran todos ás Rías Baixas.
Suso Fernández






















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



