RAQUEL ARIAS SUBLIÑA O COMPROMISO DA XUNTA CON ALCOA E REITERA O PROPÓSITO DE “ATOPAR A SOLUCIÓN QUE PROPORCIONE ESTABILIDADE A LONGO PRAZO”
A delegada territorial sinala que a Xunta de Galicia segue a traballar por atopar unha solución ao problema da tarifa eléctrica, “continuando coas xestións iniciadas tanto coa empresa como co Ministerio de Industria”
Lembra que o propio presidente da Xunta se involucrou nesta cuestión porque Alcoa é “irrenunciable” para A Mariña e para a provincia de Lugo polo seu papel fundamental na actividade económica
Cervo, 30 de agosto de 2012.- A delegada territorial, Raquel Arias, reiterou hoxe o compromiso da Xunta coa permanencia de Alcoa na Mariña, e asegurou que o Goberno galego continúa realizando as xestións precisas tanto coa empresa como co Ministerio de Industria para lograr unha solución ao problema da tarifa eléctrica da factoría.
No marco dunha visita institucional á comarca da Mariña, Arias incidiu en que “o importante agora é atopar unha solución axeitada que proporcione estabilidade á factoría de Alcoa na Mariña a longo prazo”, evitando “improvisar medidas de curto alcance que non resolverían definitivamente a cuestión”.
Raquel Arias lembrou que “a Xunta e o seu presidente traballan dende o primeiro momento neste tema”, xa que a factoría mariñá de Alcoa é “irrenunciable” polo seu papel fundamental na actividade económica da provincia.
“Dende o Goberno galego insistiremos na necesidade dunha tarifa diferenciada para grandes clientes como Alcoa –afirmou-, ao tempo que abordamos outras actuacións de apoio directo á planta, como o impulso ao gasoducto ou investimentos que a axuden a ser máis competitiva”.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



