OS FACTORES DE CRECEMENTO ACELERAN O REGRESO DE HAYDEE AOS ADESTRAMENTOS
A xogadora laranxa Haydee volveu hoxe aos adestramentos de pretempada; xa pode incorporarse ao traballo continuo e a cambios de ritmo. As molestias que sufría no tendón rotuliano dende hai tempo remitiron notablemente grazas ao revolucionario tratamento que comezou este mes na clínica Virxe da Mariña, baixo a supervisión de José Antonio López, especialista en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía no centro e no Hospital da Costa. O doutor López desvelou para o Burela FS os pormenores da terapia, coñecida como Factores de Crecemento, coa que se prevé e se espera que “poidamos ver a Haydee polas pistas ao inicio de liga xa recuperada”.
Que son os factores de crecemento?
– Trátase dunha técnica novidosa de rexeneración tisular, é dicir, aceleración dos tempos de curación das lesións musculares, tendinosas e articulares tan frecuentes en deportistas de elite como é o caso de Haydee. Neste caso, a paciente presenta unha severa tendinopatía rotuliana nun xeonllo previamente intervido dunha rotura do ligamento cruzado anterior hai anos. Debido á extracción da plastia do tendón rotuliano quedou danado e reducido o volume.
Estamos realizando esta revolucionaria técnica para recuperar o seu tecido tendinoso.
Como se obteñen os factores?
– É preciso realizar unha pequena extracción de sangue ao paciente similar a unha analítica común, logo centrifúgase a mostra e obtense un concentrado de plaquetas, que son células onde maioritariamente se atopan os devanditos factores de crecemento. Unha vez rotas estas células, obtemos do seu interior os factores que non son máis que proteínas.
A función principal é que estimulan a capacidade rexenerativa e curativa do propio corpo e aceleran a reparación da lesión. Diso saben moito tanto Rafa Nadal coma Xavi Hernández, entre outros moitos.
Que lesións poden tratarse?
O abano é moi amplo. Pódense tratar dende lesións musculares como roturas fibrilares, pasando por tendinopatías do tendón de Aquiles ou do tendón rotulianos, epicondilites, fascites, escordaduras… e, por suposto, lesións articulares que afectan ao cartílago en todas as súas variantes.
Como se realizan?
– Despois de illar os factores de crecemento, pasámolos a un xiringa e depositámolos na zona lesionada. Para os que se pregunten se isto doe, pois non doe máis que unha infiltración habitual, con anestésico local.
Canto dura o tratamento?
– Recoméndanse tres infiltracións cun intervalo de dúas semanas entre cada unha; Haydee someterase á terceira nuns días. A mellora clínica acostuma comezar ás tres ou catro semanas do inicio da terapia. Durante o tempo de tratamento o paciente pode facer vida normal.
Existe algún risco para o enfermo?
– Non. É un tratamento derivado do propio paciente e biocompatible























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
