AS RAÍCES DA FESTA NORMANDA DE FOZ
Este venres, día 24 de agosto, ás 9 da noite no cumio da Cruz da Grela, máis coñecido polo lugar do Bispo Santo de Foz, máis de setenta actores representarán a Lenda de San Gonzalo ante a invasión normanda, preludio e raíz da festa normanda de Foz.
Os actos ,abertos ó público en xeral, comezarán co pregón a cargo do historiador Xoan Ramón Fernández Pacios e de seguido os veciños de San Martiño, Forxán e colaboradores de outras latitudes darán vida aos personaxes dun macroespectáculo dirixido por Francisco Piñeiro e que conta coa colaboración especial das voces de Luis Rodríguez, e Eulalia Rodriguez e Almudena Cuadrado das atrices Maria Paz Rodriguez e Carmen Vila, entre outros, para complementar o esforzo realizado por todos os actores e actrices locais .






















Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



