Mariñapatrimonio denuncia perante o SEPRONA o espolio de varios xacementos arqueolóxicos na Mariña.
O castro do Carreiro, o castro de Fazouro, o xacemento da Pampillosa e o de Estabañón afectados por delincuentes cazatesouros.
A Mariña, 23 de agosto de 2012.- O pasado marzo Mariñapatrimonio daba a coñecer a existencia dun importante castro costeiro no lugar do Carreiro en Foz. Entre os numerosos restos arqueolóxicos visibles nos cantís, destacaban muros das cabanas e unha roda de muíño, desaparecida recentemente, tal e como detectou un veciño de Foz que contactou con Mariñapatrimonio.
O 25 de maio o Parlamento aproba nunha sesión da Comisión de Educación e Cultura unha iniciativa da deputada Emma Álvarez, encamiñada á protección, estudo e sinalización do xacemento arqueolóxico do Carreiro, polo que a retirada do muíño deberían realizala os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio, pero lamentablemente actuaron antes os espoliadores que a Xunta, responsable da conservación e protección do patrimonio tal e como recolle a lei.
A destrucción do Patrimonio non se debe unicamente aos delincuentes cazatesouros, senón que ás veces unha práctica tan inocente como é a pesca con cana dende os cantís pode afectar a un xacemento cando os pescadores, por descoñecemento, desmontan e destrúen os muros das cabanas do castro para coller boas pedras que termen das canas.
Dende que soubemos da existencia do castro do Carreiro, hai uns cinco meses, comprobamos que estas prácticas están a mermar notablemente as estruturas do xacemento.
Mariñapatrimonio visitou outros xacementos da zona e comprobou que no castro de Fazouro (Foz), un dos máis emblemáticos da Mariña e sobre o que se están levando a cabo os trámites para ser declarado BIC, o que supón a máxima protección para un Ben Patrimonial, as pedras dos muros tamén están sendo aproveitadas polos pescadores e aprécianse claramente as escavacións dos espoliadores.
Por outro lado, no xacemento romano da Pampillosa (Foz) é máis visible a acción dos furtivos que deixaron fragmentos de tégula apilados no lugar que escavaron , posiblemente por consideralos de menor interese.
Por último, o extraordinario xacemento de Estabañón (Viveiro), atópase nun estado de abandono lamentable despois de que o proxecto multimillonario de Costas non fose adiante e a súa intervención só servise para deteriorar o xacemento e facilitarlles o labor aos espoliadores, que continúan pola súa conta facendo escavacións.
Estes feitos, que consideramos especialmente graves e que poden ser constitutivos dun delito de danos ao Patrimonio cultural de Galiza, foron denunciados por Mariñapatrimonio perante o SEPRONA co fin de que se practiquen as dilixencias necesarias para o esclarecemento destes feitos
Enlaces Fotos: https://picasaweb.google.com/mr.patrimonio/XacementosAfectadosPorDelincuentesCazatesouros






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



