A DÉCIMO QUINTA EDICIÓN DA FEIRA NÁUTICO PESQUEIRA EXPOMAR TERÁ LUGAR DO 23 AO 26 DE MAIO DO VINDEIRO ANO, SEGUNDO ACABA DE DAR A COÑECER JOSÉ Mª GONZÁLEZ BARCIA.
Burela, 27 de setembro de 2012. A décimo quinta edición da feira náutico pesqueira Expomar celebraráse do 23 ao 26 de maio do vindeiro ano, segundo daba a coñecer este mediodía o alcalde e presidente da Fundación Expomar. José Mª González Barcia subliñou que antes de que remate este 2012 a Fundación Expomar pagará a débeda que tiña contraída coa confraría de pescadores.
O rexedor explicou que “hoxe reuniuse o padroado da Fundación Expomar para comezar a planificación da décimo quinta edición da feira náutico pesqueira Expomar, que se ven celebrando aquí en Burela desde xa hai bastante tempo, en concreto desde o 1994”. González Barcia indicou que “nesta reunión o que se tratou fundamentalmente foi de fixar as datas, que van ser os días 23, 24, 25 e 26 do mes de maio do próximo ano, de xoves a domingo. E a partires de agora será o comité executivo da propia fundación o que leve a batuta dos traballos preparativos para esta edición da feira. De feito desde a xerencia da Fundación Expomar xa se está traballando en contactos con expositores e con revistas especializadas para empezar a lanzar xa a décimo quinta edición da feira náutico pesqueira Expomar”.
Para a Fundación Expomar “ a celebración da feira é un reto importante porque a situación económica vai obrigarnos a racionalizar gastos, e imos ter que traballar duro, sen dúbida ningunha, para que Burela a finais de maio do ano que ven sexa de novo un referente fundamental e decisivo dentro do sector náutico pesqueiro. O contacto con expositores xa se está facendo, e tamén hai que decir que os resultados que imos acadando non son malos”.
Na xuntanza desta mañá tamén se deu conta “do acordo ao que se chegou entre a Fundación Expomar e a confraría de pescadores de Burela para zanxar a débeda que quedaba contraída entre a Fundación e a confraría. Como se sabe, cando nós chegamos ao goberno municipal, e eu como alcalde tomei posesión do cargo de presidente da Fundación Expomar, o que fixemos foi pagarlle á confraría a metade da débeda que había contraída coa mesma e á que desde a anterior presidencia da Fundación en ningún momento se lle fixera fronte, e mesmo non había interese algún en abonala”. O alcalde burelés lembrou que “nós entendíamos que esa situación non era axeitada e polo tanto naquel momento, hai aproximadamente un ano, se fixo efectivo o pago do 50 por cento e agora se chegou a un acordo para, como dicía, facerlle fronte á diferencia que restaba. O acordo é ventaxoso tanto para a confraría como para a propia Fundación Expomar e farase efectivo no que queda deste 2012 e no primeiro semestre de 2013”.
González Barcia engadiu que “nesta mesma reunión falouse da máis que posible incorporación ao padroado da Fundación Expomar da Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián. Sen dúbida ningunha esto é un paso importante xa non para a consolidación da fundación, que xa está consolidada, senón para ampliar o marxe de actuación e de traballo da propia fundación. E como último dato a Fundación Expomar vai seguir traballando coa asociación de mulleres palilleiras de Burela para a organización dos encontros de palilleiras que se celebran todos os anos na nosa localidade”.
Barcia apuntou que no mes de novembro celebrarase unha nova reunión do comité executivo da Fundación Expomar co obxectivo de programar as Xornadas Técnicas e os Encontros Empresariais, e continuar perfilando a feira do próximo ano.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



