Semana Europea da Mobilidade: Movéndose na boa dirección? A Xunta non
17 de setembro de 2012. A semana do 16 ao 22 de setembro celébrase a Semana Europea da Mobilidade. O obxectivo é animar ás autoridades locais a introducir e promocionar medidas de transporte sustentábel e convidar á cidadanía a buscar alternativas ao veículo privado. O lema deste año é “Participa nos planos de mobilidade da túa cidade: Móvete na boa dirección!” para destacar a utilidade do Plano de Mobilidade Urbana Sustentábel. En Galiza, este instrumento é prácticamente descoñecido e a cidadanía segue a ser vítima dunha irracional política de transportes (Plano MOVE) deseñada por e para o automóbil e a sufrir os efectos da contaminación dos coches. Mentres, a Xunta semella satisfeita coa propaganda sesgada sobre calidade do ar nas cidades, malia a infrinxir amplamente as recomendacións da OMS.
comparalimitOs Planos de Mobilidade Urbana Sustentábel (PMUS) definen un conxunto de medidas interrelacionadas para a satisfacer as necesidades de mobilidade da cidadanía e as empresas, e millorar a calidade de vida na cidade. Cómpre ter en conta que as emisións dos veículos son a principal causa da contaminación das cidades. A este respeito, as recomendacións da OMS (de 2005) situan os níveis adecuados para garantir a saúde pública varias veces por baixo do legalmente establecido (R.D. 102/2012). Deste xeito, o valor límite diario de dióxido de xofre (SO2) é 6 veces superior á recomendación da OMS; os valores límite anuais de partículas PM10 e PM2,5 duplican os recomendados pola OMS, e o valor obxectivo octohorario do ozono (O3) á un 20% superior ao da Guía da OMS.
DadosPM10Particularmente preocupante é o caso das partículas PM10 e PM 2,5 (inferiores a 10 e 2,5 micras respeitivamente). A normativa en vigor establece para as PM10 un valor límite anual de 40 µg/m3 fronte aos 20 recomendados pola OMS, que ademais pódense superar 35 días ao ano cando a OMS recomenda que non se sobarde máis de 3. Para as PM2,5 o RD 102/2012 non fixa límite diario (a OMS recomenda 25 µg/m3 con 3 superacións) e para o anual o legal é 25 mentres que a OMS recomenda 10.
Cómpre ter en conta que a fonte principal destes contaminantes (os fumes dos coches) veñen de ser considerados pola OMS “carcinóxeno certo”. Malia a isto, a Xunta gábase de non superar os valores legais máis que excepcionalmente. A respeito destes contaminantes, a realidade amosa un masivo incumprimento das recomendacións da OMS malia á baixa industrialización e o cativo parque móbil galego en comparación con outras zonas do estado.
Cómpre ter en conta que valores tan altos de PM10 como os 118 µg/m3 de Santiago, os 200 de Laza, 136 de Ourense…, ainda que non aparezcan reflectidos nas medias diarias si neses momentos respiramos estas concentracións a nosa saúde resíntese e en especial afectan ás persoas con problemas respiratorios, anciáns, nenos… E para as partículas PM2,5 , a metade das medias anuais e case todas as medias máximas diarias superan as recomendacións da OMS.
DadosPM2.5
ADEGA quere transmitir á Xunta que non existen motivos para a tranquilidade e moito menos para a satisfacción con estas cifras. Unha cousa é cumprir a lexislación vixente (aínda que nalgúns casos esteamos perto dos máximos permitidos) e outra as recomendacións da OMS. Son estas as que as administracións deberían ter en conta para garantir efectivamente a nosa saúde. Esiximos portanto, un maior compromiso da Xunta e os concellos coa mobilidade sustentábel, hoxe esquecida das políticas públicas. Cómpre inserir as necesidades de mobilidade no deseño habitacional e reducir fortemente a demanda do transporte, favorecer a intermodalidade, o transporte colectivo e o ferrocarril de proximidade, e deixarse de planos MOVE que só traen máis desbaldimento de cartos públicos, contaminación e enfermidades..






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



