TEATRO INFANTIL E PARA ADULTOS TANTO PROFESIONAL COMA AFECCIONADO E MÚSICA COMPOÑEN A OFERTA CULTURAL DO CONCELLO DE RIBADEO PARA O ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO.
Ribadeo, 10 de outubro de 2012. Esta mañá presentóuse a programacion cultural do Concello de Ribadeo para o último trimestre deste 2012. A cultura chegará ás parroquias de Cedofeita, Rinlo, Vilaselán ou Santalla. Haberá teatro infantil e teatro profesional e afeccionado para adultos. Neste ámbito a presentación do Grupo de Teatro de Ribadeo terá lugar na vila no mes de decembro. O programa inclúe o festival de jazz que haberá o 3 de novembro e no que se darán cita moitos artistas “que non temos moitas ocasións de ver”, segundo a técnica de Cultura.
Neves Paz sinalou que “nestes tres últimos meses do ano tentamos como vén sendo habitual conxugar a atención á oferta cultural para todas as idades coas actividades non só na vila senón tamén nas parroquias do rural. Así, este venres, aproveitando as habituais xuntanzas veciñais na carpa que teñen onda a escola os veciños e veciñas de Cedofeita, o actor Pepe Penabade interpreta o seu papel do afiador Rodesindo da Barrosa. Será a partires das once da noite”. Máis adiante, en Rinlo haberá unha obra de teatro para nenos co grupo Metátese, en Vilaselán terá lugar un concerto de Marosa Jazz, a Remourelle irá o mago Richard e en Santalla tocará o grupo de boleros Canere Son. A técnica de Cultura do Concello de Ribadeo dixo que “son espectáculos de pequeno formato que agardamos estender ao resto das parroquias conforme comece o ano vindeiro”.
A programación cultural ribadense inclúe, coma sempre, un apartado para os nenos e nenas que terán teatro. As compañías son Babaluva, O Elefante Elegante e Baobad. “Queremos recalcar que esta última vai representar un espectáculo para pequenos de 0 a 6 anos. Así que convidamos especialmente aos pais e nais de bebés, que en Ribadeo son moitos, para que estean atentos á convocatoria xa que non sempre é posible traer obras de calidade adaptadas a estas idades”, seguiu a relatar Neves Paz. Outra cita fixa desde que se recuperou a tradición é a celebración do Samaín o 1 de novembro. A preparación das cabazas será na sala do parque como vén sendo habitual. A técnica de Cultura subliñou que “atendendo á moita demanda desde que hai 3 anos actuaran aquí grazas ao interese dos colexios dános moito gusto anunciar que no Nadal haberá un concerto do grupo Mamá Cabra. O prezo da entrada para todas estas actividades no auditorio é de 2 euros e medio”.
A música estará moi presente na axenda cultural de Ribadeo para o último trimestre do ano. Neves Paz explicou que “agrupamos esta oferta baixo o título de Músicas Posíbeis porque efectivamente son concertos de moita calidade, con artistas que non temos moitas ocasións de ver. É o caso do Festival de Jazz que vai ter lugar o 3 de novembro e no que actuarán Julie Gurovich e Victor Aneiros Blues Band, e RJ Miller, Javier Colina e Albert Sanz Trio. O cartel musical deste outono-inverno complétano Jazzologia, Os Folkgazais e Fernández e Quintá. Propoñemos tamén unha cita especial, organizada polo CIM e os centros de ensino, que vai consistir nunha charla concerto da cantante Sés”. A maiores a oferta musical complétase, coma sempre, cos concertos da Banda Municipal e cos organizados pola Coral Polifónica de Ribadeo como é o de Panxoliñas o 22 de decembro.
O teatro tamén ten o seu oco en Ribadeo. A técnica de Cultura indicou que “en teatro profesional temos a Teatro do Atlántico, que xunta nesta ocasión a catro grandes actrices na función Algún día traballaremos xuntas. A compañía Espello Cóncavo recupera unha montaxe coa que xa colleitaran moito éxito hai anos, Tres no bambán, e moi cerca xa do día de Nadal recibimos a visita do Profesional, a última proposta do Centro Dramático Galego”. E engadiu que “este ano comezou a andaina o Grupo de Teatro de Ribadeo, dirixido por Toni Deaño. A través do proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo que está a levar funcións a todos os concellos da provincia, o GTR estreará Lisístrata, de Aristófanes, no Pastor Díaz de Viveiro e logo terá tamén funcións en Riotorto e Barreiros. A posta de largo Ribadeo será en decembro. Recomendamos acudir á estrea porque é unha comedia onde se defenden valores tan importantes nas sociedades modernas como o pacifismo e o feminismo. Aproveitamos tamén para dar as grazas aos actores e actrices participantes e tamén, xunto co director Toni Deaño, á axudante de dirección Alicia Sarmiento, á encargada de vestiario Carmen Díaz e aos integrantes de Sonda Norte Héctor Peña e Fernando Couto que se van encargar do decorado”.
Neves Paz convida “a todas as persoas a unha presentación especialmente emotiva para nós que vai ter lugar este sábado no auditorio. Ás 8 da tarde preséntase o libro Da Capo. Una historia real, de Adriana Aramburu Peña e da obra musical do mesmo título, composta por Juan Lois Diéguez e que interpretará a Banda de Música Municipal de Ribadeo”.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



