TRAS O PRIMEIRO ENCONTRO MANTIDO CON FAMILIAS DE ENFERMOS DE ALZHEIMER PARA VER AS POSIBLES AXUDAS A PRESTAR A ESTAS PERSONAS COIDADORAS DESDE O CONCELLO, ALCALDE E CONCELLEIRA INVITAN A UN SEGUNDO ENCONTRO A TODAS AS FAMILIAS QUE DESEXEN ASISTIR. SERÁ O VINDEIRO LUNS, 8 DE OUTUBRO.
Burela, 6 de outubro de 2012. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, tras unha primeira toma de contacto con 15 familiares de persoas enfermas de alzheimer para ver as posibles axudas que desde o Concello de Burela se lles poidan prestar a estes coidadores, animan a todas aquelas familias afectadas por esta doenza a unha segunda xuntanza que se celebrará o vindeiro luns, 8 de outubro, ás 12 horas, na Casa do Concello.
O alcalde sinalou que “en principio a nosa intención, e así se lles expuxo, é a de colaborar na medida das nosas posibilidades con estes coidadores de enfermos de alzheimer. É unha situación moi complexa, que ás veces incluso carrexa mesmo problemas de saúde para os propios coidadores. Nós somos conscientes desde o Concello de que dalgunha forma hai que botarlles unha man”.
González Barcia lembrou que “agora mesmo aquí, en Burela, hai un centro de día, na residencia da terceira idade, onde se acolle a persoas que padecen alzheimer ademais doutras enfermidades neurodexenerativas. E desde o Concello nos brindamos fundamentalmente a colaborar con eles na organización dunha asociación que aglutine aos coidadores, ás familias dos enfermos de alzheimer, para axudarlles na tramitación de toda a documentación e conseguir así liñas de axuda, subvencións, etcétera para paliar esa situación que os coidadores moitas veces teñen. Neste sentido a intención nosa é poñelos en contacto con colectivos semellantes que están xa traballando e operando noutros puntos da nosa comunidade autónoma”.
Alcalde, concelleira de Servizos Sociais e familiares manterán un novo encontro o día 8 de outubro, luns, “para acabar de concretar e definir a constitución da asociación e ver qué pasos comezamos a dar”, sinalou Diana Durán.
Así mesmo a concelleira burelesa aclarou que “o obxectivo do primeiro encontro era manter un contacto inicial con familiares de enfermos de alzheimer, usuarios do centro de día de maiores, porque dalgunha maneira podíamos valorar as necesidades que presentan estas familias tanto de Burela como da comarca da Mariña en xeral, pero con esto non quere dicir que se exclúan calquera outros familiares que non sexan beneficiarios deste equipamento. Entendemos que á xuntanza do vindeiro luns deberían acudir todas as familias que o desexen e así llo facemos chegar para aunar esforzos entre todos e deseñar liñas de actuación específicas para este colectivo”.
González Barcia dixo ser consciente “dos efectos positivos que pode e debe ter a constitución desta asociación. A consecución de axudas, subvencións, etcétera, non se van plasmar nin tan sequera a medio prazo, os efectos vanse a ver a longo prazo, pero eu creo que desde a administración municipal temos que abrir unha porta á colaboración con esas persoas nas medida das nosas posibilidades. Somos plenamente conscientes de que os recursos agora mesmo son limitados, pero eu creo que si colaboramos con eles e si nos organizamos os logros poden e deber vir, sempre en beneficio precisamente desas persoas que viven día a día e de forma moi directa as implicacións e a consecuencias das enfermidades neurodexenerativas”.
E engadiu que “a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, vai comezar xa a dar pasos nese sentido, coñece ao persoal de Servizos Sociais, e nesa reunión do vindeiro luns, 8 de outubro, seguramente que acabaremos por concretar e por definir cales van ser os primeiros pasos que imos dar para intentar axudar na medida das nosas posibilidades a esas persoas”.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



