Investigadores europeos presentarán por 1º vez en Galicia os seus estudos no III Congreso Ibérico do Lobo que acollerá Lugo
– A Deputación patrocina con 2.000 euros estas xornadas, colaborando coa Asociación Galega de Custodia do Territorio para que a cidade luguesa sexa o seu escenario o 23, 24 e 25 de novembro
– Especialistas con gran prestixio en Europa, como Luigi Boitani ou Claudio Sillero, daranse cita neste Congreso con prazas limitadas a 200 a disposición dos interesados en www.iiicongresolobo.org
– Lugo conta cunhas 20 manadas de lobos, sendo a provincia galega que concentra o maior número
A Deputada de Medioambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este martes que Lugo, concretamente a Facultade de Veterinaria, acollerá os vindeiros días 23, 24 e 25 de novembro o III Congreso Ibérico do Lobo. Trátase dunha iniciativa que reúne a expertos de toda Europa –España, Italia, Gran Bretaña, Francia ou Inglaterra- para presentar en primicia as súas derradeiras investigacións sobre este mamífero. Esta xornada, que ten lugar cada sete anos en España ou Portugal, celebrouse en Soria no 1997 e en Castobranco no 2005. Nesta convocatoria, a cidade luguesa logra ser a súa sede grazas a suma de esforzos entre Deputación, institución que achega 2.000 euros, e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, colectivo de Rábade implicado na súa organización. Hai que ter en conta que, segundo datos de dito colectivo, Galicia conta cunhas 64 manadas de lobos e que ó redor de 20 están en Lugo, sendo a provincia galega co maior número.
López Izquierdo destacou que este Congreso pon en marcha o conxunto de iniciativas coas que colaborará o organismo provincial cos colectivos que hoxe mesmo asinaron un convenio para o impulso na provincia de actividades de conservación e divulgación do medioambiente. Son a Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Sociedade Micolóxica Lucus. O acto de sinatura, apradiñado pola Deputación, tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos coa presenza, ademais da responsable provincial de Medioambiente, do Deputado de Cultura, Mario Outeiro, dos Presidentes de ambos os dous colectivos, Roberto Hermida e Julian Alonso, respectivamente, ademais do Alcalde de Rábade, Francisco Xosé Fernández Montes, e máximo responsable da Casa das Insuas que será escenario de parte das actividades a desenvolver. O obxectivo deste acordo é crear unha rede de asociacións, con máis de 100 socios, para xerar riqueza en Lugo co medioambiente e de xeito sostible.
Prazas limitadas
Exemplo desta rede de asociacións é o III Congreso Ibérico do Lobo que, patrocinado pola Deputación luguesa, está organizado, ademais de pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, pola Sociedade Española para la Conservación y Estudio de los Mamíferos, Grupo Lobo Portugal, ASCEL, Arena Empresa, Civio e USC. Os mellores expertos de Europa na materia daranse cita nestas xornadas. Son o caso de Luigi Boitani, especialista do lobo con gran prestixio a nivel europeo, e Claudio Sillero, investigador na universidade de Oxford. O Congreso é aberto o público con prazas limitadas a 200. Ata o 22 de novembro, os interesados poden formular a súa solicitude en www.iiicongresolobo.org.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



