O GPP denuncia á Deputación por financiar no 2012, a través do INLUDES, o asfaltado dunha pista, realizado en abril de 2011
. Segundo a lexislación española, este feito de imputar e certificar unha obra xa realizada no pasado a unha subvención que se ten que executar neste ano é delito
. A mellora do camiño de Chacín foi levada a cabo no mes de abril do ano 2011, antes das eleccións municipais, polo que non se pode subvencionar dita obra nesta anualidade 2012 posto que xa está feita
. A Voceira da Deputación de Lugo, Elena Candia, pedirá, na sesión plenaria da vindeira semana, explicacións
Lugo 18 de decembro de 2012. O PP de Riotorto denunciou esta mañá ao Equipo de Goberno da Deputación de Lugo por financiar neste ano 2012, a través, do INLUDES, o asfaltado dunha pista, levado a cabo, en abril de 2011.
Lembraron os populares, que neste ano 2012, o Concello de Riotorto recibíu unha axuda de 30.000 euros do INLUDES, organismo dependente da Deputación de Lugo, para a mellora de camiños en Abelleira (Santalla) e Chacín, para a reparación da ponte do Garrido, e para melloras de captación e traída de augas en galegos.
Os populares de Riotorto, quenes se personaron no lugar de Chacín, manifestaron que veciños da zona ratificaron a afirmación dos populares.
Os populares lembraron que, segundo a lexislación española, este feito de imputar e certificar unha obra xa realizada no pasado a unha subvención que se ten que executar neste ano é delito, polo que denunciaron o feito.
Criticaron os populares as incoherencias do Equipo de Goberno xa que demostran unha vez máis a nefasta xestión que está a facer o bipartito; proba destas viuse no pleno do pasado día tres de decembro, cando o Sr. Alcalde respondeu a unha pregunta realizada polos populares, afirmando que a pista fora asfaltada fai uns meses, e nembargantes, o edil de obras, o Señor, García Freije, díxolle ao portavoz popular, na rúa, que a mellora do camiño fora levada a cabo o ano pasado.
Por outra banda, a Voceira do GPP, Elena Candia, anunciou que pedirá explicacións na sesión plenaria provincial, que terá lugar o vindeiro martes, día 26 de decembro.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



