O GRUPO POPULAR BUSCA O APOIO DO PARLAMENTO GALEGO PARA URXIR A FOMENTO A MODERNIZACIÓN DA NORMATIVA SOBRE TRIPULACIÓNS MÍNIMAS NOS BUQUES DE PESCA
Burela, 25 de xaneiro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro Orol, vén de rexistrar unha iniciativa pola que busca o apoio do Parlamento de Galicia para urxir ao Ministerio de Fomento á modernización da normativa vixente sobre tripulacións mínimas para os buques de pesca.
O deputado popular coincide co sector en que os requisitos sobre tripulacións actuais están obsoletos e precisan dunha adecuación ás circunstancias tecnolóxicas e ás necesidades actuais da flota galega, logo de case 50 anos de vixencia da Orde Ministerial que os regula.
“Evidentemente, moito ten cambiado a técnica naval e a práctica pesqueira no último medio século e, polo tanto, manter vixente unha Orde Ministerial que data do 14 de xullo de 1964 está a provocar que no día a días nos portos galegos resulte un tarefa moi complicada completar as tripulacións mínimas necesarias para enrolarse nas embarcacións e poder saír a realizar as faenas de pesca”, explicou Balseiro.
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular lembra que na actualidade a competencia para a modificación desta normativa corresponde ao Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral da Mariña Mercante. Indica tamén que o acceso á responsabilidade de goberno do Partido Popular a nivel estatal, en coordinación coa experiencia acumulada na Xunta, “ofrece unha nova oportunidade para impulsar a reforma da normativa vixente sobre tripulacións mínimas” e de feito xa hai constancia de que a Administración central está traballando neste camiño.
Balseiro explica que xa fixo estas mesmas peticións hai tempo, pero daquela atopouse coa intransixencia de socialistas e nacionalistas cuxa posición espera teña mudado á xuízo das continuas reivindicacións do sector pesqueiro.
HARMONIZACIÓN A NIVEL COMUNITARIO
José Manuel Balseiro quere que se aproveite tamén esta oportunidade para abordar outras cuestións pendentes: “se foran poucos os obstáculos cos que se atopa a flota galega derivados do desfase da normativa estatal tamén no marco europeo resulta necesario avanzar na harmonización dos requisitos sobre tripulacións mínimas. En definitiva, cómpre evitar que os barcos galegos poidan verse prexudicados como consecuencia da diversidade normativa que existe entre os países europeos e que esta disparidade de criterios provoque unha competencia desleal para a nosa flota”.
No acordo, os populares tamén demandan que se estude a posibilidade de establecer un marco legal común nas atribucións dos titulados náutico pesqueiros para todos os países de Europa e, ao mesmo tempo, homologable dentro da Organización Marítima Internacional.
“Se ben é certo que calquera paso que poida darse neste ámbito esixe abrir un proceso de diálogo cos distintos interlocutores do sector, de cara a conciliar unha normativa que compatibilice os principios de seguridade e rendibilidade, tamén hai que recoñecer que este é un camiño que debe percorrerse sen máis demora para ofrecer solucións políticas que sirvan para superar as dificultades actuais”-conclúe José Manuel Balseiro.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



