Cinco expertos no ámbito da Administración pública debaten mañá en Lugo sobre o futuro de Deputacións e pequenos Concellos
Cinco expertos de recoñecido prestixio no ámbito da Administración pública e o Dereito Constitucional debaterán mañá luns no IV Encontro de Cooperación cos Concellos, organizado pola Deputación de Lugo, sobre o futuro dos organismos provinciais e os pequenos Concellos. Para abordar este tema de máxima actualidade e transcendencia para as entidades locais, a Deputación preparou dúas mesas redondas e unha conferencia, para as que conta cos seguintes profesionais:
– Manuel Zafra: profesor titular de Ciencia Política e da Administración Pública da Universidade de Granada. Foi director xeral de Cooperación Local no Ministerio de Administración Públicas; director xeral de Administración Local na Junta de Andalucía e director do Plan Estratéxico da Deputación de Granada.
– Jordi Sevilla: Ministro de Administracións Públicas (2004-2007). É licenciado en Ciencias Económicas e pertence ó Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado.
– Roberto Blanco Valdés: Catedrático de Dereito Político e Constitucional da USC, e escritor de máis de cen traballos e unha decea de libros.
– José María Gimeno Feliu: Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Zaragoza. Trátase dun experto en contratación pública, que preside dende o 2011 o Tribunal Administrativo de Contratos Públicos de Aragón.
– Alba Nogueira: profesora titular de Dereito Administrativo da USC.
Asistentes e programación
Unhas 150 persoas de toda a provincia asistirán á cuarta edición do Encontro de Cooperación, que se celebrará entre as 10:30 e as 18:30 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. A programación do Encontro será a seguinte:
10:30 horas: Inauguración das xornadas a cargo do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro.
11:00-12:30 horas: mesa redonda e coloquio sobre “Os Gobernos locais intermedios en España e Europa. As Deputacións como Gobernos intermedios. Presente e futuro”. Interveñen Manuel Zafra e Roberto Blanco Baldés, e modera o xornalista lucense Benigno Lázare.
13:00-14:00 horas: conferencia “A Contratación conxunta. Instrumentos xurídicos: unha reformulación da xestión dos contratos públicos”, a cargo de José María Gimeno Feliu.
16:30-18:30 horas: mesa redonda sobre “Os pequenos municipios diante a reforma do réxime local”. Interveñen Alba Nogueira e Jordi Sevilla, e modera Benigno Lázare.
18:30 horas: Clausura a cargo do Deputado provincial Álvaro Santos.
Con este Encontro, a Deputación dá un paso máis no empeño de situar a Cooperación cos Concellos como a columna vertebral da acción do Goberno Provincial e como a verdadeira razón de ser da institución, despois de ser este Executivo o que creou unha área específica de Cooperación e Asistencia ós Concellos, que antes non existía.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



