Lugo, 28 de febreiro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e o delegado de Cultura e Turismo da Deputación, os nacionalistas Antonio Veiga e Mario Outeiro, presentaron esta mañá no salón de actos da Deputación a liña de axudas en concorrencia competitiva para os colectivos culturais e concellos para a realización de actividades culturais. Mantéñense todas as liñas de axudas de convocatorias anteriores cun investimento de 540.000 euros, unha cifra apenas reducida con respecto ao ano pasado. Estas axudas serán aprobadas mañá en Xunta de Goberno e publicadas o vindeiro luns no BOP, momento no que as asociacións culturais xa poderán recoller as bases e presentar as súas solicitudes no prazo de un mes. As actividades culturais subvencionadas son as realizadas durante o 2013 e as asociacións e concellos terán de prazo para xustificalas até o 31 de marzo de 2014. É importante sinalar, como mostra da importancia para o tecido cultural desta convocatoria, que ano pasado superáronse as 600 solicitudes por parte de asociacións e concellos lucenses.
Tal e como sinalou Antonio Veiga, “facemos públicas as bases das axudas coa maior rapidez posible, sendo sabedores da difícil situación pola que está pasando o tecido cultural lucense e galego, en boa medida polo abandono ao que o ten sometido a Xunta de Galiza, que co pretexto da crise e da austeridade deixou de subvencionar o tecido cultural de base, pero sigue enterrando centos miles de euros no mausoleo da cultura galega como é a Cidade da Cultura, precisamente onde xente do mundo cultural se tivo que encerrar como medida de protesta polo abandono absoluto no que se atopa o sector por parte do goberno de Feijóo. As administración públicas non nos podemos escudar na crise e na falsa austeridade para acoutar a resposta social e a creatividade que cada día máis está na rúa, a cultura é do pobo e como tal, desde as administración públicas así o temos que crer e potenciar”.
Pola súa banda, o delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, entrou máis polo miúdo á explicación das liñas de axudas, que son as mesmas que o ano pasado e aclarou que “as entidades culturais poderán acollerse a dúas liñas, que son compatibles (as asociacións poden pedir as dúas): Realización de actividades eventuais ou actividades anuais. Para as actividades de carácter anual (permanente) o límite da axuda son 8000 euros e para eventos culturais 6000 euros. O investimento total para esta liña de axudas son 400.000 euros”.
“Por outra banda, para os concellos hai catro liñas, dúas para a realización de actividades e dúas para investimentos, é dicir: por un lado a realización de actividades eventuais (eventos puntuais) ou de carácter anual, para o que só se poderán acoller a unha delas. Esta liña está dotada con 80.000 euros. Por outra parte están as dúas liñas para a realización de investimentos en infraestruturas culturais ou a adquisición de equipamentos para uso cultural: destas dúas últimas liñas os concellos terían que escoller tamén unha. Esta liña está dotada con 100.000 euros”.
Mario Outeiro destacou que “os criterios de valoración destas subvencións son obxectivos e buscan valorar aquelas actividades que potencien a nosa cultura e sexan abertas á poboación e nas mesas de valoración das axudas, ademais do persoal técnico, teñen representación as tres forzas políticas que fan parte da institución provincial”.
Hai que aclarar que quedan excluídas desta convocatorias as axudas para comidas, e as viaxes que se realicen que non leven aparelladas unha actividade cultural complementaria, festas patronais e eventos relixiosos, así como proxectos de carácter deportivo, relixioso, político, militar e –en xeral que sexan corporativos restritivos, xa que o seu fin non é a promoción dos recursos e manifestacións culturais para a poboación en xeral. Neste sentido, Mario Outeiro aclarou que “o diñeiro público debe ser investido en crear cultura para todos e todas e isto é algo que tamén primamos nos criterios de valoración”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



