A PLATAFORMA FAI UN CHAMAMENTO AOS ALCALDES DA COMARCA A REXEITAR AS INTENCIÓNS DA CONSELLARÍA DE SANIDADE DE APLICAR EN LUGO A ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA PARA EVITAR UN MAIOR DETERIORO DA SANIDADE PÚBLICA NA COMARCA.
A Mariña 23 de febreiro de 2012. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña que aglutina entidades sociais, de doentes, organizacións políticas e sindicais fixo un chamamento aos alcaldes da Mariña a sumarse á demanda dunha área de Xestión Integrada comarcal, dotacións orzamentarias para a ampliación do Hospital da Costa e unha defensa inequívoca da sanidade pública porque este non é momento de seguir disciplinas partidistas senón de sumar esforzos e defender intereses comúns para evitar un maior deterioro da sanidade pública na comarca. Segundo explicaron o Partido Popular e a Consellaría de Sanidade non poden seguir enganando á comarca con falsas ampliacións do Hospital da Costa nin con interpretacións interesadas dun Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial do que xa coñecemos os seus efectos na Coruña, Ourense e Pontevedra e que para a Mariña suporía a perda de servizos e facultativos na así como o fin das posibilidades de ampliación do Hospital Comarcal e o deterioro dos servizos sanitarios públicos no seu conxunto.
Posicionamentos claros e firmes dos alcaldes da comarca
A Plataforma pide aos alcaldes da comarca, ao marxe da súa filiación política, un apoio claro que poña en evidencia a necesidade da urxente ampliación do Hospital da Costa, a marcha atrás nas intencións da Consellaría de Sanidade para aplicar en Lugo o Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial. Para a Plataforma aquí non caben desculpas porque “quen cala outorga” e este non é o momento de “agardar a ver que pasa”, “xa son moitas as evidencias sobre as intencións da Consellaría e tamén as voces que comparten o despropósito desta medida polo que os alcaldes non poden ficar mais tempo calados”. É evidente, afirmaron, “que a aplicación dun Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial terá efectos demoledores na calidade asistencial xa deteriorada polos brutais recortes orzamentarios, a perda da autonomía comarcal, a modificación do mapa sanitario na provincia e a dependencia dun xestor provincial non fará mais que empeorar a situación”
Falsas interpretacións do Decreto de Xestión Integrada
Dende a Plataforma insistiron en que a cidadanía mariñá ten que mobilizarse como xa o fixo no 2010 para frear a perda duns servizos sanitarios ganados a pulso no seu día que non podemos malograr, animaron a asistir aos actos públicos aínda pendentes de celebrar na Casa da Xuventude de Mondoñedo o luns 25 ás 20:00hrs e na Antiga Biblioteca de Burela o martes 26 á mesma hora para recibir información de primeira man.
Segundo advertiron, A Mariña non está en disposición de tolerar mais promesas sobre ampliacións virtuais dun hospital que xa non da mais de si, tampouco mais recortes orzamentarios en persoal e moito menos falsas e interesadas interpretacións dun Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial porque coñecemos sobradamente os seus efectos noutras provincias onde xa se aplicou; o territorio mariñao e os 14 concellos da actual Área Sanitaria conta coas características suficientes para ter unha xestión sanitaria propia sen dependencias alleas que deteriorarían a calidade asistencial e as posibilidades de mellorala.
Para a plataforma o “silencio cómplice” dos representantes na comarca do Partido Popular após o anuncio da Xerencia de Atención Primaria na Provincia sobre a aplicación no prazo dun mes do Decreto de Xestión Integrada “é clamoroso e ven a sumarse á falta de resposta dos seus representantes aquí e no Parlamento Galego diante da ausencia de orzamento para a prometida ampliación do Hospital e os recortes en materia de persoal para o mesmo centro que poñen negro sobre branco o incumprimento dos compromisos coa comarca do presidente Feijóo”.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



