O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, asinou este mércores, ás 17:00 horas no Salón de Actos da Escola de Imaxe e Son, o convenio de colaboración entre a TIC e Artemática, a productora de Ángel de la Cruz, para que catro alumnos da EIS participen na próxima rodaxe do mencionado cineasta coruñés. Trátase de “Todos os Santos”, película finalista do 3º premio Pilar Miró que concede a Academia das Ciencias e das Artes da Televisión. Artemática realizará para a TVG este traballo, escrito por José Antonio Pastor. Acompañarán esta tarde a Gómez Besteiro e a Ángel de la Cruz, Isabel Blanco, actriz deste telefilme.
Os alumnos da Escola de Imaxe e Son traballarán ás ordes de Ángel de la Cruz, que dirixirá o telefilme no que, ademais de Isabel Blanco, intervirán Carlos Blanco, Tamar Novas, Camila Bosa e Dorotea Bárcena, entre outros actores. De la Cruz iniciará a rodaxe de ”Todos os Santos” o vindeiro día 4 de marzo, no pazo de Vilaboa, na Coruña. O 8 de marzo, todo o equipo se trasladará a Lugo para continuar coa gravación. Os alumnos da Escola de Imaxe e Son aproveitarán a ocasión para facer unha visita ó set da rodaxe.
Unha vez rematada a gravación, o director coruñés manterá un novo encontro cos estudantes do único centro público na provincia luguesa con ensinanzas superiores no eido audiovisual, para ofrecerlles unha clase maxistral sobre traballo que desenvolve como director, guionista e produtor.
Ángel De la Cruz recibiu tres Goyas, os dous primeiros pola dirección de “O Bosque Animado” (2001) e o “Soño dunha Noite de San Xoán” (2005), e o último no 2012, ó mellor guión adaptado por “Arrugas”.
Inserción laboral
O convenio asinado hoxe enmárcase na aposta da Fundación TIC, dependente da Deputación, pola formación dos alumnos da EIS con prácticas reais para facilitar a súa inserción laboral. Por este motivo, a TIC mantén contacto con máis de 70 empresas nacionais do sector multimedia e ten asinados 109 convenios con ONGs, asociacións culturais e entidades deportivas, que permiten ós estudantes da Escola realizar traballos profesionais, así como un programa de bolsas de emprego para os titulados.
A Escola de Imaxe e Son de Lugo, o único centro educativo da provincia que imparte ensinanzas de formación profesional da familia audiovisual, oferta 44 prazas, 22 para cada un dos módulos superiores: Realización e Produción de Audiovisuais. Todas elas quedaron cubertas ó pouco de abrirse o prazo de matrícula, ó igual que ocorreu os catro anos anteriores, e mesmo moita xente quedou en lista de espera, agardando a posibles baixas de última hora.
A Escola ten matrícula gratuíta dende hai cinco anos para todos os alumnos, agás os repetidores, co fin de apoiar un ensino público de calidade e accesible a todos.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



